A Xunta, a través da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), vén de publicar a licitación dun novo contrato para a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 75 vivendas de promoción pública (VPP) en Navia.
Tamén en vigoalminuto
- Muere una persona en una salida de vía en San Cibrao das Viñas
- La ETEA de Vigo suma una nueva pieza: una cafetería con vistas a la ría y concesión a 20 años
- Vigo y su área metropolitana se llenan de música con rock, indie y pop en directo
- Galicia “muda de nome”: doce concellos e máis de 4.000 topónimos actualízanse desde hoxe
- O Porriño impulsa la transformación de la calle Antonio Palacios con 1,6 kilómetros de humanización y carril bici
- La Guardia Civil incauta 193 kilos de tabaco ilegal vendido por internet
A licitación deste contrato, financiado integramente con fondos autonómicos, rolda os 680.000€, e inclúe os servizos de redacción do proxecto básico e de dirección de obra para a construción destas 75 VPP, garaxes, rochos e locais en dúas parcelas de San Paio de Navia. En concreto, as dúas novas edificacións, que albergarán 18 e 57 vivendas, estarán situadas na parcela MIIIB3, que conta cunha superficie de 1.080 metros cadrados, e na MIIIB4, que ten unha superficie de 1.906 m2 .
910 vivendas públicas en marcha
Agora mesmo xa están en marcha en Navia 910 vivendas públicas en distintas fases de execución, incluíndose os 80 aloxamentos compartidos e temporais para menores de 36 anos, tal e como informara vigoalminuto.
A estas vivendas en Navia compre sumar as que se poidan construír no ámbito do Ofimático que permitirá o desenvolvemento do solo para a construción de 2.300 máis; doutra outra banda, o ámbito que se desenvolverá en Cantabria-Ramón Nieto-Santa Cristina, de 13,9 hectáreas, elixido en consenso entre Xunta e Concello de Vigo, onde se desenvolverá solo onde se poderán construír outras 1.392 vivendas. A licitación do servizo de redacción do Proxecto de Interese Autonómico, acordouse no Consello da Xunta da pasada semana.






