Xa está todo listo no concello das Neves para a celebración da súa festa máis emblemática: a Feira do Requeixo e Mel, que este ano acada a súa XXXII edición. Trátase dunha cita de referencia para toda Galicia, tanto pola súa longa traxectoria como polo valor que dá aos produtos locais, en especial ao
requeixo de As Neves, un símbolo da identidade e tradición do municipio.
Do 13 ao 19 de abril
A feira desenvolverase do 13 ao 19 de abril de 2025, cun programa completo que abrangue propostas para todos os públicos, combinando gastronomía, divulgación, música, artesanía e espectáculos.
Durante a semana, veciñanza e visitantes poderán gozar de catas, obradoiros infantís, conferencias, exposicións, pasarrúas, concertos e o tradicional Certame de Música Tradicional Transfronteiriza, que afonda nos lazos culturais entre Galicia e Portugal. O pistoletazo desta edición será este mesmo domingo, día 13, coa Andaina circular do Requeixo, que sairá ás 10:00h. dende a Escola de Cerdeira.
Outras novas en vigoalminuto
- Caballero acusa a Rueda de estar en contra del AVE directo Vigo-Madrid y de una nueva autovía a Porriño
- Besteiro esixe ao alcalde de Barbadás que dimita, logo dunha denuncia por acoso laboral
- Críticas ao incremento das achegas do Concello á Igrexa Católica
- KLM conectará Santiago de Compostela con Ámsterdam, a partir del próximo verano
- En peligro 1,9 millones recibidos por el Concello para bonificar viajes en Vitrasa
- Vigolandia vuelve al IFEVI con cinco días de ocio infantil, grandes hinchables y animación
PROGRAMA COMPLETO XXXII FEIRA DO REQUEIXO E MEL
- 13 DE ABRIL (DOMINGO)
10:00 h – Andaina circular do Requeixo. Saída desde a Escola de Cerdeira. Previa
inscrición. Organiza A.C. Carballo da Chan.
14 DE ABRIL (LUNS)
17:00 h – II Xornada sobre a Vespa Velutina. Escola de San Cibrán de Ribarteme.
15 DE ABRIL (MARTES)
18:00 h – Cata de Meles IXP de Galicia no Mercado Municipal. Previa inscrición.
17:30 h – Taller infantil “O Mel e o Requeixo” na Biblioteca Municipal. Previa
inscrición.
16 DE ABRIL (MÉRCORES)
17:00 h – Mesa redonda: Artesanía Alimentaria de Galicia. Requeixo de As Neves
como produto certificado.
19:00 h – Degustación de produtos de artesanía alimentaria galega no Mercado
Municipal.
18 DE ABRIL (VENRES)
11:00 h – Apertura oficial da Feira.
12:00 h – Pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas Os Atranclaveladas.
13:00 h – Pregón a cargo de Carlos Blanco. - 15:00 h – Actuación da Charanga Os Imperiais.
18:00 h – Actuación da Charanga Noroeste.
18:00 h – Espectáculo infantil “A Bailar de Animar-t” no Mercado Municipal.
22:00 h – Concerto do grupo Broke Covers.
23:30 h – Peche da Feira.
19 DE ABRIL (SÁBADO)
11:00 h – Apertura da Feira.
12:30 h – Inauguración da II Exposición da Camelia no Mercado Municipal.
13:30 h – Actuación do grupo 2Tipos.
17:00 h – II Certame de Música Tradicional Transfronteiriza, coa participación
do Grupo A Casa do Povo de Melgaço e o Rancho Santiago de Oliveira.
17:30 h – Inchables de balde para nenos e nenas no Pavillón Municipal.
19:30 h – Concerto do grupo Os Festicultores.
23:00 h – Peche da Feira.
23:30 h – DJ Pitt






