A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, e o arquitecto municipal, Rubén Martín Vázquez, mantiveron unha xuntanza coa conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz. Na xuntanza, a alcaldesa explicoulles ás representantes da Xunta as diferentes iniciativas nas que se está a traballar dende o Concello para intentar aumentar o parque de vivenda.
O Concello de Salceda conta con unha área de 1.060 metros cadrados para destinar a vivenda protexida. A intención do equipo de goberno é poder facilitar o acceso á mesma a xuventude, ofrecéndolle a parcela ao Goberno galego para que sexa o ente autonómico o que poida construír vivenda protexida.
Castiñeira expuso tamén o proceso de rehabilitación e remate de varios edificios, para o cal o equipo técnico está xa ultimando o prego de cláusulas administrativas que regulará o procedemento, e que conlevará a obriga de acabar as edificacións inacabadas no casco urbano. Este proceso é fundamental para eliminar feísmo urbanístico e atender as queixas veciñais por situacións de insalubridade, pero tamén para aumentar o parque de vivenda en Salceda, que a día de hoxe non é suficiente para satisfacer a demanda.
Tamén en vigoalminuto
- Mundial 2030: no hay proyecto redactado para Tribuna y no se cumplen los plazos planteados por el Concello
- Vigo aplicará la tasa turística de forma progresiva desde octubre: estas serán las tarifas
- La Zona de Bajas Emisiones amplía excepciones: consulta si tu coche podrá entrar
- Miriam Rodríguez protagonizará una gran fiesta musical en Vialia antes del Galicia Fest
- El Pleno exige a Rueda que se disculpe por no citar la ciudad a Vigo en la promoción turística de Galicia en China
- Doble alegría para el RC Celta: Borja Iglesias irá al Mundial y Javi Rodríguez recibe su primera llamada
Colaboración
“Salceda precisa vivenda pública, e imos realizar as xestións necesarias con diferentes administracións para conseguilo”, subliñou a alcaldesa quen amosouse satisfeita logo de que Concello de Salceda e Xunta acordasen buscar vías de colaboración neste eido, emprazándose a traballar de xeito conxunto nas iniciativas que sexa posible na busca da mellor solución ante a escaseza de vivenda que existe nestes momentos en Salceda.
O Concello, ademais, avanza tamén no proxecto de normalización de predios que permitirá a apertura dun novo vial entre a Praza do Concello e a Rúa Brasil, creando deste xeito a posibilidade de construción de vivenda nova.
Xustamente o venres pasado, a Xunta de Goberno Local resolveu as alegacións presentadas e realizou a aprobación definitiva do documento. De feito, o Concello vén de solicitar a través do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra o crédito preciso para redacción do proxecto da nova rúa






