O portavoz parlamentario do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, advertiu esta mañá no Parlamento de que o Partido Popular “nega o evidente” ao insistir en que a sanidade pública galega funciona ben, mentres os datos mostran un deterioro continuado do sistema de saúde nos últimos 16 anos. Fíxoo tras a multitudinaria mobilización celebrada onte en Santiago, no marco dunha campaña cidadá de protestas por todo o territorio galego debido á mala xestión do PP.
“A cidadanía xa non cre as escusas do Partido Popular”, afirmou, e cualificou de “escandaloso” que a resposta do PP chegase precisamente desde o hospital Álvaro Cunqueiro, “un centro que todos sabemos que tivo un sobrecusto de 470 millóns de euros e a derivación de recursos públicos cara a mans privadas”.
92.000 persoas en lista de espera para unha operación
Besteiro lembrou que actualmente hai 92.000 persoas en lista de espera cirúrxica e máis de 260.000 agardando por unha consulta especializada, mentres en moitas vilas e barrios non hai pediatras e os tempos de espera para saúde mental superan os seis meses. Puxo como exemplo o caso de Ángel, que leva desde maio de 2024 agardando por unha cita de oftalmoloxía: “presentou unha reclamación e respondéronlle que o servizo está saturado e que teña paciencia. Pero, claro se o propio conselleiro chegou a afirmar que, se unha persoa con cataratas non le, preocúpalle menos operarse, xa nos facemos unha idea do nivel de compromiso coa sanidade”.
Tamén en vigoalminuto
- Temperaturas extremas en Galicia: 158 concellos en alerta vermella e suspensión do deporte ao aire libre
- Una columna de humo alarma a los conductores en la AP-9: un coche acaba calcinado en Mos
- El alcalde pide una prórroga para no perder los fondos destinados a Finca Matías y la Diputación garantiza que la tendrá
- Habrá una pantalla gigante en Castrelos para ver el España–Portugal del Mundial
- El TSXG avala al Concello y permite construir varios chalés junto al mar en Cabo Estai
- O BNG propón mobilizar 227 vivendas baleiras da SAREB, ante un alugueiro que rolda os 900 euros
Neste contexto, anunciou que o Grupo Socialista rexistrará hoxe unha proposición de lei que establece un prazo máximo de 48 horas para obter cita nos centros de atención primaria. “Se a sanidade pública goza de tan boa saúde como di o Partido Popular, non haberá ningún problema para apoiar esta proposta”, sinalou. O texto inclúe tamén que os centros que incumpran este prazo sexan considerados prioritarios para reforzos de persoal.






