O deputado provincial Alejandro Lorenzo, visitou hoxe coa alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, Entenza, onde anunciou que a Deputación de Pontevedra financiará integramente o saneamento da parroquia, cun investimento de 875.000 euros. Farao a través de 700.000 euros do Plan Extra e tamén doutros 175.000 € do Plan +Provincia que se aprobarán este venres en Xunta de Goberno e cos que a Concello de Salceda achegará a aportación municipal para completar a actuación, demanda histórica da veciñanza de Entenza.
120 vivendas
Alejandro Lorenzo deu conta dos traballos que se realizarán con estes recursos, cos que Salceda de Caselas vai construír colectores nesta zona rural do concello para recoller as augas residuais, que na actualidade carece deste servizo. Beneficiaranse unhas 120 vivendas e é unha das prioridades do concello no actual mandato.
Desta maneira, as augas chegarán aos colectores do Louro para entregalas na EDAR de Guillarei -en Tui- . En concreto, executaranse doce tramos de colectores de saneamento en tubaxe de PVC compacto de diámetro 315mm, realizarase a recollida das augas fecais dos núcleos citados ata a conexión coa rede existente, realizarase a conexión ao Colector Interceptor do río Caselas no pozo denominado PR-28 (aliviadoiro de Arantei) e a reposición de gabias en estradas municipais.
Tamén en vigoalminuto
- Deep Purple, Chayanne o The Corrs en Castrelos: así podrás volver a casa en Vigo tras los conciertos
- A Audiencia de Ourense arquiva a causa contra Jácome por prevaricación e descarta delito: “é unha cuestión administrativa”
- 7,6 millones de euros para las nuevas obras de humanización en Coia, que arrancarán en julio
- Caballero arremete contra Louzán por el Mundial 2030… aunque el presidente de la RFEF declaró que Vigo tiene que ser sede
- La Diputación ofrece pagar la reforma integral de Clara Campoamor y acusa a Caballero de no pedir los fondos
- Detenido en Vigo por apuñalar a un hombre cerca del corazón tras una pelea por un partido de fútbol
Alejandro Lorenzo lembrou ademais que o +Provincia 2025 engadirá novos recursos, que se aprobarán este venres levará xa distribuídos preto de 12 millóns de euros neste 2025 entre os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.






