O Bloque Nacionalista Galego vén de trasladar as súas propostas para os galardóns da cidade de Vigo do ano 2025: outorgar a título póstumo a Medalla da Cidade a Sergio Sanlés, o bombeiro falecido en acto de servizo o pasado maio, e nomear Viguesas Distinguidas ao Sárdoma CF e a Marta Souto, finada en outubro.
Así o anunciou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, após a Xunta de Portavoces celebrada este luns de cara ao Pleno, convocado para este vindeiro xoves, para a votación das propostas dos galardóns. “Estas tres propostas están máis que motivadas e desde o BNG confiamos no apoio unánime da Corporación para outorgarlles o recoñecemento institucional que merecen en nome de toda a cidade”, defendeu.
Sergio Sanlés Domínguez
Dende o Bloque valoraron “a comprometida e xenerosa vocación de servizo público” de Sergio Sanlés xunto ás “súas grandes cualidades humanas, que o fixeron gozar do respecto e agarimo dos seus compañeiros e compañeiras” como merecedoras da máxima distinción do Concello de Vigo.
Traxicamente falecido en acto de servizo o 25 de maio do pasado 2024 mentres participaba nun operativo na Avenida de Beiramar, un feito sen precedentes en 130 anos de historia do servizo de bombeiros de Vigo, Sergio Sanlés foi exemplo do labor imprescindíbel en favor da seguridade por parte dos bombeiros da cidade que “demostran decote o verdadeiro significado da xenerosidade en prol do ben común”.
Ademais en vigoalminuto
- Mal tiempo el fin de semana, con ‘alerta amarilla’ por tormentas y lluvia
- Milleiros de persoas rexeitan a guerra, piden traballo digno e a redución da xornada laboral
- Amancio Ortega ha ganado, sólo por su participación en Inditex, 8,5 millones al día
- Dos personas muertas en accidentes de tráfico, en apenas 6 horas
- Cuatro noches de ‘música inolvidable’ en la Fábrica de Chocolate
- Arrestada una pareja itinerante que se dedica a robar a personas de edad avanzada
Sárdoma CF
Os nacionalistas subliñan a “enorme contribución” do Sárdoma CF á promoción, visibilización e valorización do deporte feminino. Dende o ano 2007, cando se crearon as súas categorías femininas, deu a oportunidade de practicar fútbol a ducias de nenas e mozas, colaborando coa construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria
Unha das entidades deportivas de base con maior traxectoria da cidade, é hoxe un referente e un club de elite no fútbol feminino, acadando fitos como competir nestes momentos en 3ª RFEF, categoría semiprofesional, malia o insuficiente apoio institucional. Éxitos que para o Bloque son merecedores do recoñecemento como Viguesa Distinguida
Marta Souto González
Tristemente falecida o pasado outubro, o Bloque destaca o compromiso de Marta Souto en favor da lingua galega e da promoción do deporte como méritos para recibir, a título póstumo, o galardón de Viguesa Distinguida. “Afouta, xenerosa, cunha traxectoria ética impecábel e cunha calidade humana excepcional”, salientan.
Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello, Souto foi impulsora de numerosas accións e iniciativas en prol do galego e do seu uso social. Do mesmo xeito, como delegada provincial da Consellaría de Cultura e Deportes e, posteriormente en 2007, sendo a primeira muller en liderar institucionalmente o deporte galego, realizou un decidido traballo en favor das seleccións deportivas galegas, a promoción do deporte feminino e o apoio aos clubs de base.