Comarcas

O TSXG admite a trámite o recurso contra a suba «dun 165%» da taxa do lixo de Redondela

Con esta medida, as vivendas pagan un 40% máis e moitos negocios, máis dun 300%

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de admitir a trámite o recurso presentado polo grupo municipal do PP de Redondela contra a modificación da ordenanza reguladora do servizo de recollida, transporte e tratamento de lixo que supuxo que, desde o presente ano, «esta taxa se incrementase nunha media do 165% tras a súa aprobación en pleno por parte do goberno de Digna Rivas co apoio dos seus socios de AER e BNG», apunta o voceiro, Javier Bas.

O Alto Tribunal galego ditaminou que vai estudar e tomar en consideración a reclamación presentada polos populares e vén de dar o seguinte paso neste proceso reclamándolle ao Concello de Redondela o expediente completo nun prazo máximo de vinte días.

«Suba estratosférica»

Cómpre lembrar, engade Bas, que «o bipartito de Redondela impulsou unha suba estratosférica da taxa do lixo para o presente ano 2025 e seguintes que se situou nunha media do 165%, o que supón, de longo, o aumento deste tributo máis elevado de entre os 61 concellos da provincia de Pontevedra e que, entendemos, se realizou exclusivamente para pagar débedas e tapar a mala xestión económica de Digna Rivas.

De 900.000 a 2.500.000€

Este incremento fiscal, segundo as primeiras estimacións, disparará a recadación de 900.000 a case 2,5
millóns de euros anuais sen buscar ningunha sostenibilidade no servizo, senón unicamente para tapar buratos nun concello que chegou a ter 4 millóns de euros en facturas impagadas e que lle ten que devolver estes cartos adiantados ao Estado».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.