Ecoloxistas en Acción presentou alegacións para que a Dirección Xeral da Costa e o Mar rexeite a solicitude da parella do ex presidente da Xunta e actual presidente do PP en España, Alberto Núñez Feijóo, para seguir ocupando o seu chalé na costa de Tirán -Concello de Moaña- unha franxa de 210 metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre, que lles permite gozar dun acceso privado á praia de O Con.
Os ecoloxistas entenden que a solicitude non só está fóra do prazo establecido pola normativa, senón que esta concesión, en aplicación da Disposición Transitoria Primeira da Lei de Costas, no caso de outorgarse no seu momento, estaría actualmente extinta.
Tamén en vigoalminuto
- Herido leve un camionero de 44 años tras chocar contra la mediana en la AP-9 en Vigo
- Un extraño lenguado de la ría desconcierta a los científicos: tiene negro hasta el vientre
- Un desfile de Disney y un espectáculo de luces abrirán la Navidad de Vigo
- La Xunta acepta reunirse con el Concello por el Mundial 2030… siempre que participe el Gobierno de España
- Unha borrasca camiña cara a Galicia cun temporal de choiva, vento e ondas de ata seis metros
- Un microbús con 24 aficionados del Celta arde en la AP-9 a la altura de Vilaboa tras el partido en Balaídos
Muro en terreos ocupados ilegalmente
A organización ecoloxista tamén denuncia que o muro de peche, levantado nos terreos ilegalmente ocupados, imposibilita á veciñanza o acceso a esta zona da costa de Tirán e o goce da praia de O Con, «de difícil acceso por terra en pleamar, senón é pola zona ocupada polo chalé propiedade de Feijoó e a súa muller». Ademais a franxa ocupada afecta ao miradoiro e paseo denominado O Fiunchal, afección que tamén denunciou o concello de Moaña.
«Solicitamos á Dirección Xeral da Costa e o Mar e ao seu servizo provincial que desestime a solicitude e ordene a demolición do construído en terreo público, e a reposición da legalidade urbanística», declarou Xaquín Pastoriza, coordinador do grupo Rías Baixas de Ecoloxistas en Acción.






