A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, xunto coa deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, presentou este luns na sede de Vigo as novidades da actual edición do programa +Convivencia, nun encontro no que participaron as entidades sociais da cidade que se beneficiaron da anterior convocatoria.
Sánchez salientou o “grande éxito” desta iniciativa particularmente na cidade olívica, de xeito que “unha de cada cinco entidades que participaron o ano pasado, 41 de 202, eran de Vigo” e, ademais, moitas entidades do resto da provincia escolleron a cidade como destino das súas saídas.

Patrimonio natural, artístico e cultural
Luisa Sánchez lembrou que o obxectivo de +Convivencia é a organización de actividades para “coñecer o
patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural da nosa provincia, permitindo que eses recursos
patrimoniais da provincia sexan, ademais, un lugar onde estreitar lazos creando experiencias comúns e
recordos que gardar”.
Como principal novidade respecto á anterior convocatoria, salientou o incremento do orzamento dos 220.000 a 275.000€ deste ano, que permitirá que “as axudas pasen dun máximo de 1.000€ por entidade a 1.200€, para dar un salto de calidade ás actividades que escollades entre o noso amplo catálogo”.
Ademais, a vicepresidenta provincial puxo en valor que o programa mantén “o compromiso co comercio local”, ao permitir “a autoxestión e que cada asociación poida apostar por empresas de viaxes da súa contorna”. E defendeu a necesidade de “fomentar o comercio de proximidade para que a riqueza se xere e quede aquí. Desde as institucións públicas debemos dar exemplo e ser as primeiras en facelo”.
Tamén en vigoalminuto
- Caballero se reunirá con el presidente de Renfe, para intentar recortar el tiempo de viaje Vigo-Madrid
- Denuncian otra ‘tala masiva’ entre Rosalía y Areal, donde sólo ha sobrevivido un árbol
- Comeza en Vigo a “mobilización permanente” contra a fábrica de Altri
- Orden de búsqueda y captura contra el acusado de violar a otro hombre en un parking de Vigo
- Las aguas costeras españolas se calientan a una velocidad entre un 60 y un 200% superior a la media global
- Incautados 45 kilos de pulpo y 8 kg de centolla ovada,sin documentación sobre su procedencia
Todo o ano
Pola súa banda, a deputada Sandra Bastos destacou que +Convivencia permite ofrecer “alternativas de
lecer ao longo de todo o ano para desestacionalizar o destino, que tamén depende moito do turismo
interior”. Neste eido lembrou que o programa oferta actividades a elixir a través dun catálogo formado por actividades socioculturais relacionadas coa arqueoloxía, a arquitectura civil, relixiosa, popular, náutica e etnográfica, os museos, centros de interpretación ou salas de exposicións, o Camiño de Santiago na provincia, as festas, os espazos naturais e rutas culturais, de BTT, costeiras, fluviais, temáticas, panorámicas, de sendeiros e tamén en adegas que formen parte da Ruta do Viño Rías Baixas.
Entre o resto de novidades de +Convivencia tamén se atopa o límite de 600€ en concepto de restauración ou cátering, así como a adaptación do número de participantes mínimo, pasando de 50 a 30 con carácter xeral, e de 34 a 20 en casos nos que sexa necesario desprazamento en autocar e ademais
participen persoas con mobilidade reducida que precisen cadeira de rodas ou axudas técnicas.

Prazo de solicitudes
Con isto a Deputación busca aumentar os índices de satisfacción das entidades beneficiarias, que poden ser entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais e culturais, así como ANPA da provincia. O prazo de solicitudes abriu o pasado 3 de marzo e está operativo ata o 1 de decembro, pero finalizará cando se esgote o crédito dispoñible. Pola súa banda, as actividades poden realizarse ao longo de todo o presente ano.