O paso dunha fronte é o motivo polo cal a Xunta activou a ‘alerta laranxa’ en todo o litoral costeiro, por ondas que poden checar aos 6 metros de altitude.
Así mesmo, os refachos de vento superaron os 110 quilómetros por hora no norte de Galicia na madrugada deste luns, mentres que as precipitacións xa acumularon case 50 litros por metro cadrado no municipio de Lousame. Ademais, varias zonas da provincia da Coruña están en aviso amarelo por choivas localmente fortes e o vento é forte de compoñente sur-suroeste no litoral e moderado no resto, cambiando a noroeste co paso da fronte.
Tamén en vigoalminuto
- Detenido tras matar a su pareja en plena calle, en Figueres
- Vigo tendrá una nueva área de cirugía maxilofacial, en el Meixoeiro
- El BNG acusa al alcalde de “simular” políticas de vivienda en la ciudad
- Caballero acusa a la Diputación de deber 6 millones en obras en Vigo
- Colapso do mexillón en Galicia: pechan todas as bateas pola marea vermella
- Dos heridos tras un accidente con dos coches volcados en la AG-41 a la altura de Sanxenxo
112 km/h
De feito, esta madrugada, os medidores de Punta Candieira, en Cedeira alcanzaron os 112,4 quilómetros por hora, mentres que en Penedo do Galo chegaron aos 110,6 quilómetros por hora.
En canto ás precipitacións, ás 11:15 horas de hoxe, xa se rozaban os 50 litros acumulados por metro cadrado en Lousame e 39 en Santa Comba.
Polo que ten que ver coas temperaturas, as mínimas marcáronse en zonas do interior de Ourense, con 4 graos en localidades como Verín e Calvos de Randín. Os valores máximos sitúanse arredor dos 16 graos en Ribadeo.






