O presidente da Xunta anunciou hoxe que todas as persoas dependentes contarán cunha axuda económica instantánea mentres non dispoñen dunha praza nun servizo de atención á dependencia.
Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia, Alfonso Rueda fixo balance da
situación da dependencia en Galicia, lembrando que no ano 2021 un primeiro plan de choque de dependencia supuxo que “puideramos incrementar nun 20% o número de dependentes atendidos e axilizar nun 15% os tempos de atención». Como resultado, asegurou o xefe do Executivo, «o número de demandantes en dependencia aumentou en máis dun 40%».
«Non é suficiente»
Rueda apuntou a que estas cifras “non son suficientes” e que “hai que seguir mellorando” polo que, asegurou, o segundo plan de axilización, xa vixente, busca simplificar trámites, cun prazo máximo de 6 meses, e concederá próximamente unha contraprestación económica para aquelas persoas dependentes mentres non conten coa praza que solicitaran nun servizo de atención á dependencia. Así mesmo, Rueda apuntou que «nos primeiros 40 días deste plan, 6.000 persoas melloraron o seu grao de discapacidade».
Tamén en vigoalminuto
- El Gobierno local lleva más de dos años sin tramitar la ‘zona tensionada de vivienda’
- Prisión provisional para el joven acusado de apuñalar a otro en el cuello en Cangas
- Maricarmen podrá volver a su casa cinco días después de ser desahuciada
- Seis muertos en una jornada negra en las carreteras y vías de Galicia
- El Concello paraliza el megacontrato del bus urbano de 470 millones
- Mueren tres miembros de una misma familia en un accidente en la A-8 en Ribadeo
Vivenda
Tamén durante a sesión de control, o presidente da Xunta referiuse á situación da vivenda en Galicia e reiterou o seu compromiso de duplicar o parque público de vivenda nesta lexislatura. Neste sentido, sinalou que a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, constituída recentemente, xa levou catro acordos en Consello da Xunta para promover vivendas.






