Comarcas

O Concello do Porriño adquire 1.000 m2 para a humanización da contorna do Centro Social

A actuación suporá a creación dunha gran zona verde que conectará as rúas Pío XII e Antonio Palacios

O Concello de Porriño vén de efectuar a compra de tres parcelas na contorna do centro social para completar o proxecto de humanización e creación dunha gran zona verde no centro urbano que unirá as rúas Pío XII e Antonio Palacios.

Así, o alcalde, Alejandro Lorenzo, asinou cos propietarios os contratos de adquisición dos terreos por un importe total de 213.081 euros. A superficie que abranguen as tres parcelas suman 933,6 metros cadrados e serán claves para continuar as obras xa en marcha e que suporán a consecución deste gran espazo público. “Dende o Concello agradecemos a boa disposición dos propietarios para poñer á venda cadansúa parcela”, sinala o alcalde. Una acción que beneficiará, sen dúbida, a toda a veciñanza do Porriño que, en breve, poderá desfrutar deste gran parque en pleno casco urbano”.

 Máis mobilidade peonil e zonas verdes no centro urbano

Máis polo miúdo, este proxecto consiste na creación dun espazo pensado para dar prioridade á mobilidade peonil e máis importancia ás zonas verdes, ao tempo que se limita o paso de vehículos.

Para conseguilo prevese a creación dunha sona continua, accesible e verde, na que se habilitará a comunicación peonil entre ámbalas dúas rúas, crearanse novas zonas de convivencia baixo a sombra de diversas especies arbóreas.

Ademais, buscarase a apertura da contorna do centro social coa rúa e o parque e executarase a renovación integral da zona de ocio infantil con novos elementos de xogo para a cativada. Ao mesmo tempo, o firme da rúa Pío XII será renovado, xunto coas redes de servizos e dotarase dunha plataforma única que conecte coa nova zona verde; reducirase o tráfico rodado e tamén a velocidade de circulación.


Tamén en vigoalminuto


Cinco vivendas reciben as primeiras axudas de 2.000€ para conectarse á rede de saneamento

Doutra banda, cinco son os primeiros beneficiarios da liña de axudas para a instalación de sistemas de bombeo individual convocada polo Concello. Cada un deles recibirá ata 2.000 euros para executar as obras que suporán o enganche da súa vivenda á rede de saneamento do Louro. Trátase de vivendas situadas topograficamente por debaixo da rasante do vial polo que discorre dita tubaxe, o que fai necesaria a instalación dun sistemas de bombeo.

Esta é a primeira liña de axudas deste tipo convocada en Galicia e contou cun orzamento total de 108.000 euros, outorgándose tantas concesións como solicitudes foron recibidas.

Por medio delas, os beneficiarios percibirán ata o 80% do importe total concedido como anticipo de fondos, mentres que o 20% restante abonarase unha vez que se acredite o cumprimento da obra.

As axudas cobren diversos aspectos relacionados coa instalación do sistema de bombeo, incluíndo a execución ou adaptación do pozo ou arqueta onde se instalará o equipo, así como a adquisición, instalación e posta en funcionamento do mesmo, cadro de mando e instalación eléctrica.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.