Comarcas

O proxecto GS360 do Celta non se expandirá en Tameiga 

Este domingo, a asamblea da Comunidade de Montes de Tameiga votou maioritariamente a prol da nova delimitación do proxecto GS360 do Real Club Celta na súa afección sobre os terreos da parroquia. A directiva chegara a un preacordo co Celta que hoxe foi ratificado polo órgano decisor da comunidade: a asamblea da veciñanza comuneira. O

O acordo contempla que o clube prácticamente renuncia a ocupar o solo de Tameiga, xa que retira o pavillón “Arena”, o estadio de ata 5.000 persoas e os aparcamentos. A non ocupación dos terreos forestais de Tameiga reduce drásticamente ás afeccións a varias das traídas inicialmente afectadas.

De 70 hectáreas a 1,5

Das máis de 70 hectáreas ameazadas polo proxecto GS360, finalmente o club vai quedar cun total de apenas 1,5 hectáreas de propiedade comuneira, das que unha hectárea corresponde á parcela que actualmente ocupa as instalacións de  Viveiros Adoa. Os 5.000 m2 restantes están destinados a ampliación dun treito da estrada anexa (EP-2605) e a construír dúas rotondas.

“Para nós, é un gran éxito”, valora o presidente da Comunidade de Montes, César Lago. “Tras sete anos de mobilización da veciñanza comuneira, logramos manter o monte comunal e protexemos as traídas de auga que abastecen a unhas 5.000 persoas”. “A partir de ahora”, continúa, “imos seguir traballando para que as obras do Celta teñan a mínima afección posible tanto na cantidade de auga dispoñible como na súa calidade”. 

Unha vez a veciñanza comuneira de Tameiga aprobou a proposta, a Comunidade de Montes non continuará a vía xudicial contra o Celta e o GS360 a cambio de que o club comprométese a non ocupar nunca, no futuro, terreos do monte veciñal de Tameiga.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.