O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, visitou as obras de humanización que se están a executar na rúa San Sebastián. Acompañado polos concelleiros de Vías e Obras e de Parques e Xardíns, comprobou o ritmo ao que avanzan os traballos, que están a desenvolverse conforme ás condicións establecidas no contrato.
Lorenzo destacou a importancia desta actuación para mellorar a seguridade e a calidade de vida da veciñanza. «Estamos a transformar esta rúa para que pase de ser un espazo deteriorado e inseguro a converterse nun lugar accesible, moderno e funcional, pensado para as persoas e para fomentar a convivencia«, sinalou.
Tamén en vigoalminuto
- Máxima alerta: buscan a un hombre tras intentar matar a su expareja en As Neves
- Fnac Live debuta en Castrelos el 16 de agosto con The Rapants, Fillas de Cassandra y Eladio y los Seres Queridos
- Detenido en Vigo un hombre acusado de más de 40 robos en comercios y oficinas en nueve meses
- Renfe ajusta los trenes Vigo–Madrid y el alcalde convierte el cambio en un conflicto político
- El Bono Cultural Joven cambia: ya podrás gastar los 400€ en instrumentos, cursos y material artístico
- Redondela é o único concello de máis de 20.000 habitantes da provincia sen un gran auditorio
Conecta a rúa San Sebastián coa peonil de San Bieito e co antigo Campo da Feira
A obra, cun orzamento inicial de 537.384 euros e adxudicada por 472.791 euros, supón a primeira fase dun proxecto integral que conecta a rúa San Sebastián coa peonil de San Bieito e co antigo Campo da Feira. Entre as intervencións en marcha destacan a renovación das redes de saneamento e abastecemento, a reorganización do tráfico e do aparcamento, a mellora da iluminación, e a creación dunha nova praza pública con zonas verdes e de lecer.
O alcalde resaltou que a humanización da rúa San Sebastián, principal acceso do Camiño de Santiago ao centro urbano de O Porriño, busca potenciar a mobilidade peonil e mellorar a conexión entre espazos patrimoniais clave.
Praza que conecte a Capela e a Fonte de San Sebastián
Ademais, o rexedor destacou que se está a traballar nunha nova actuación, para a que se buscará financiamento, co obxectivo de crear unha praza que conecte a Capela e a Fonte de San Sebastián, avanzando así cara á humanización completa da zona. Este espazo contará con pérgolas vexetais, mobiliario urbano e zonas de descanso.






