Vigo presenta este xoves 23 de xaneiro en FITUR a súa proposta turística para este ano 2025. Será no espazo de Turespaña, “o máis importante de toda a feira”, ás 12:30 horas, e poderá seguirse en streaming a través de vigoalminuto.
O slogan deste ano será “Vigo, cidade única no mundo” un fío que permitirá amosar que “somos únicos no Nadal, únicos no Marisquiño, nas praias, na Reconquista, nos concertos de Castrelos gratuítos e únicos en tantos e tanto eventos que van sucedendo na cidade”, apuntou hoxe o alcalde.
Paula Montes e Luis García Rey, conducirán a presentación, que contará coa presenza dos tamén vigueses Rodolfo Irago e Carlota Corredera. O Concello contará cunha hora para “rastrear toda a cidade; imos ensinarlle a toda España o que é Vigo e o que somos. Queremos ensinalo a todo o mundo”.
Outras novas
- La ciudad mantiene el tirón turístico tras un verano de hoteles casi llenos en las Rías Baixas
- O BNG pide aos vigueses que decidan en que gastar os cartos do Concello en 2027
- Un velero, 70 fardos y 2.100 kilos de cocaína: golpe al narcotráfico a 400 millas de Galicia
- Un individuo prende fuego al colchón de una persona sin hogar en Vigo y un taxista evita que muera atrapada por las llamas
- La Agencia Tributaria interviene más de 2.000 kilos de cocaína en un velero a 400 millas de las costas gallegas
- Bruno y Teo hacen historia en Pésaro: sextos del mundo y la mejor pareja española
“Vigo, o estudio das mil historias”
Ademais, o Concello realizará outra presentación na Feira Internacional de Turismo, baixo o lema “Vigo, o estudio das mil historias” amosará o Vigo das rodaxes, das películas, das curtas, o Vigo do cine.
O acto será no auditorio de Fitur Screen entre as 11 e as 11.30 horas e contará coa participación do actor Antonio Durán «Morris». “Imos ensinar en Fitur o que está sucedendo”, coa rodaxe do anuncio da lotería en Vigo e dos anuncios de Nadal de empresas importantes de España “que se rodan en Vigo porque Vigo é a imaxe da amabilidade, a imaxe do turismo que nós apreciamos, o turismo que é ben recibido; a xente sinte que cando pisa Vigo é parte da cidade”.






