Nove anos- cinco máis dos previstos– foron necesarios para rematar os primeiros 6 quilómetros da Autovía A-57, entre Vilaboa e A Ermida. Está previsto que ás 11:00h. o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, xunto cos alcaldes de Pontevedra e Vilaboa, Miguel Anxo Fernández Lores e César Poza, inauguren oficialmente este treito no que investíronse 79,4 millóns de euros.
Tamén en vigoalminuto
- La Diputación, dispuesta a negociar el Mundial con Caballero si antes sabe qué hará el Concello con los 107 millones que costará

- Herido leve un camionero de 44 años tras chocar contra la mediana en la AP-9 en Vigo

- Un extraño lenguado de la ría desconcierta a los científicos: tiene negro hasta el vientre

- Un desfile de Disney y un espectáculo de luces abrirán la Navidad de Vigo

- La Xunta acepta reunirse con el Concello por el Mundial 2030… siempre que participe el Gobierno de España

- Unha borrasca camiña cara a Galicia cun temporal de choiva, vento e ondas de ata seis metros

Faltan dúas partes máis, a primeira de 5 quilómetros e a segunda de 10
Para comezar as obras dos seguintes tramos, entre A Ermida e Pilarteiros -de 5 quilómetros e máis de 100 millóns de inversión– e Pilarteiros e Barro, no que está prevista a conexión coa AP-9 – de 10 quilómetros e preto de 122 millóns de orzamento– o Ministerio de Transportes xa dispón do estudo de impacto ambiental.
No caso do segundo treito, o Goberno tamén terá que salvar a oposición dos veciños das parroquias pontevedresas de Marcón e Xeve, que levaron o seu rexeitamento á Audiencia Nacional.
