A Deputación de Pontevedra abre este mércores, 18 de decembro, o prazo para que asociacións e agrupacións sen ánimo de lucro e entidades locais menores poidan solicitar actuacións de grupos e artistas da provincia ao abeiro de +Culturea. Dotado dun millón de euros, este programa busca espallar e manter viva a cultura popular e as tradicións en todo o territorio da provincia e, a través del celebráronse máis de 3.500 actuacións ao longo de 2024.
Beneficiarias
As beneficiarias do programa son entidades locais menores, asociacións ou agrupacións sen ánimo de lucro como asociacións de veciños ou comisións de festas da provincia, que poderán solicitar actuacións para os seus festexos entre as propostas incluídas no catálogo Culturea, que reúne arredor de 1.300 artistas e grupos de diferentes disciplinas.
O catálogo inclúe:
- grupos de animación infantil
- espectáculos audiovisuais
- baile moderno
- ballet
- bandas de gaitas
- bandas de jazz
- bandas de música
- cantautores
- charangas
- grupos de gaitas
- grupos de playback
- grupos folclóricos e folk
- grupos músico vocais
- grupos pop rock
- humoristas
- corais
- artistas de maxia
- música clásica
- orquestras clásicas
- pandereiteiras
- poetas
- rondallas ou
- compañías de teatro
Ademais en vigoalminuto
- Si el Mundial 2030 viene a Galicia, se jugará en Balaídos: A Coruña renuncia

- Avanza a reparación do noiro da AG-57, tras os desprendementos dos temporais

- Marín acoge el Campeonato Gallego de Kickboxing y Muaythai 2026, con récord histórico de participación

- El próximo día 23 abre el plazo para solicitar plaza en las escuelas infantiles municipales

- El Gobierno estudia bajar el IVA de la electricidad para contener los precios ante la crisis energética

- Sánchez exige a Caballero auditar las cuentas de la Entidad Local Menor de Bembrive, por «opacidad y corrupción»

Actuacións que poderán solicitar
Cada unha das entidades poderán solicitar unha actuación dun dos grupos dispoñibles, que deben estar
dirixidas ao público xeral e ser con entrada libre. A Deputación retribuirá aos grupos con importes que van dos 200 aos 800 euros, segundo a categoría á que pertenzan, e a entidade deberá facerse cargo do resto do caché.
As solicitudes, para as que abre o prazo este mércores día 18 de decembro, deben presentarse cunha antelación mínima de 15 días con respecto á data de realización da actuación. Nas bases do programa Culturea poden consultarse todos os detalles e procedementos.
