O Goberno galego ampliou a última edición dos Bonos Activa Comercio cunha inversión de 2,5 millóns de euros. Esta ampliación publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) do xoves 5 de decembro e o Bono reactivarase este luns ás 09:00h.
Ollo, ten en conta
- Trátase dun bono por valor de 30 €. En función do importe das compras, poderán obterse os seguintes descontos:
- 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €
- 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €
- 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €
- Todas estas contías enténdense co IVE incluído
- Estarán dispoñibles para a súa descarga desde o 04/11/2024 ata o 31/12/2024 (salvo esgotamento previo do crédito do programa)
- Terá a consideración de bono desconto e o importe irase consumindo en función do valor da compra
- Para empregalo terá que dirixirse a un dos establecementos adheridos
- Non será aplicable o troco dos bonos para as compras en liña
Canto ás persoas que descargaron os seus bonos de desconto hai un mes e non chegasen a tempo de gastalos —ben en parte ou ben na súa totalidade—, teñen dende hoxe unha nova posibilidade de empregalos.
No que respecta a aqueles que non descargaran o seu bono hai un mes —co arranque da campaña— poden facelo igualmente a partir deste luns na web www.bonosactivacomercio.gal . No caso daqueles usuarios que descargaron o bono desta sexta edición e o eliminaron sen chegar a gastalo, poderán volver a descargalo a partir de hoxe.
Ademais en vigoalminuto
- ¿Debe la Diputación de Pontevedra 6 millones a Vigo por retrasos en el pago de convenios?

- Máxima alerta: buscan a un hombre tras intentar matar a su expareja en As Neves

- Fnac Live debuta en Castrelos el 16 de agosto con The Rapants, Fillas de Cassandra y Eladio y los Seres Queridos

- Detenido en Vigo un hombre acusado de más de 40 robos en comercios y oficinas en nueve meses

- Renfe ajusta los trenes Vigo–Madrid y el alcalde convierte el cambio en un conflicto político

- El Bono Cultural Joven cambia: ya podrás gastar los 400€ en instrumentos, cursos y material artístico

Establecementos
Asi mesmo, os establecementos que queiran sumarse aos 7.000 xa adheridos a esta iniciativa poden realizalo dende o pasado venres de xeito telemático, día seguinte ao da súa publicación no DOG.
