Galicia

Terromoto de magnitude 3, fronte á costa galega

Notouse en sete concellos

Terromoto de magnitude 3, fronte á costa galega

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou este martes un terremoto de magnitude 3 fronte á costa norte de Galicia.

Dacordo cos seus datos, o sismo produciuse ás 21:56 horas a 20 quilómetros de profundidade e sentiuse, con diferente intensidade, en sete municipios galegos. En concreto, cidadáns dos municipios coruñeses de Valdoviño, Ortigueira, Viveiro, Ares, Mañón e Moeche, e de Castro de Rei – en Lugo-, comunicaron a distintos organismos que notarán este tremor.

Tremores frecuentes

O rexistro de sismos en Galicia non é excepcional, de feito é frecuente, así, o ano pasado sentimos en Vigo -e en outros 19 concellos- un terremoto de fora 3, con epicentro en Ponteareas; en xaneiro de 2022 houbo outros movementos semellantes en Covelo, daquela de grao 2,2; o día 27 do mesmo mes, outro sismo frente á costa de Galicia, que tamén notamos en Vigo: fora un tremor de grao 4.2, en pleno día, pouco antes das 4 da tarde.

Así, en Galicia, os terremotos están asociados aos bordes de placa como a Cordillera Cantábrica ou a Depresión de Ourense e tamén ao límite da Plataforma continental, na súa zonaa mergullada ao comezo do talude continental -na Costa de Foz-Burela-.

Aínda que Lugo é a provincia galega nas que hai máis tremores -especialmente na áres de Triacastela e Becerreá- tamén se rexistran nas outras tres. Polo que ten que ver coa de Pontevedra, fundamentalmente están concentrados ao sur e oeste, e tamén en Pontecaldelas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.