Abanca é a primeira entidade financeira española en integrar a intelixencia artificial xerativa (IAX) na atención das consultas dos seus clientes e non clientes. Este servizo arrancou xa de xeito limitado para un grupo de clientes e estenderase nas vindeiras semanas coa vista posta en estar totalmente dispoñible para calquera usuario, sexa cliente ou non, no mes de decembro.

Así, as respostas que ofrece esta nova canle de comunicación –SOFia– están dirixidas a axilizar a atención ás dúbidas e consultas dos usuarios sobre a información dispoñible na web dun xeito próximo. Este servizo de intelixencia artificial xerativa non opera directamente nin ofrece información sobre os produtos contratados nin datos persoais dos usuarios.
«En termos prácticos, recibirán unha resposta afinada sobre o que demandan e, se precisan ampliar a información recibida, serán dirixidos aos diferentes espazos da páxina web de Abanca, onde poderán continuar coa operación con total seguridade», apuntan dende a entidade.
Ademais en vigoalminuto
- La Diputación incluirá 400.000 euros en su presupuesto de 2027 para captar vuelos en Peinador

- Povisa estrena su nuevo robot quirúrgico con una operación urológica

- Una médica del Álvaro Cunqueiro acepta más de un año de cárcel por falsificar recetas de una compañera

- Baiona afronta tres días de posibles cortes de luz por trabajos en la red eléctrica

- Arde Bogotá abre este miércoles la venta de entradas de una gira que permitirá a fans subirse al escenario

- Hallan muerto a un hombre sobre unas rocas junto al río Limia en Lobios

Resposta inmediata e sempre dispoñible
Neste sentido, calquera usuario que queira utilizar o servizo simplemente ten que iniciar unha conversación co asistente, utilizando unha linguaxe natural. «O novo desenvolvemento é capaz de interpretar o significado e o contexto da consulta e buscar entre miles de páxinas ou repositorios de preguntas frecuentes do banco». Non ofrece contestacións predefinidas, senón que crea unha resposta inmediata segundo as necesidades expresadas por cada cliente e o contexto.
O servizo está dispoñible en calquera momento e permite aos clientes chatear en diferentes idiomas.
