Comarcas

A Deputación dá luz verde a catro convenios co Concello de Vigo para obras por valor de 5 millóns de euros

Para obras en Navia, Finca de Matías, o Campo do Sárdoma e As Travesas

A Deputación dá luz verde a catro convenios co Concello de Vigo para obras por valor de 5 millóns de euros

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe catro convenios co Concello de Vigo para obras que ascenden a un total de 5 millóns de euros. Así o confirmou o presidente, Luis López, que detallou que se trata de:

  • actuacións no Complexo deportivo das Travesas, cun orzamento de 286.000€
  • no parque Nelson Mandela de Navia, con 513.000€
  • no campo municipal de fútbol Sárdoma-Moledo, con 820.000€
  • e do proxecto do macroparque de xogos na Finca Matías, cun orzamento de máis de 3,2 millóns de euros

En todos eles, a institución provincial faise cargo do 80% do financiamento, correspondendo o 20% restante ao Concello de Vigo.  “Seguimos cumprindo co noso compromiso con Vigo. Seguimos aprobando recursos para continuar avanzando na transformación da que é a cidade máis poboada de Galicia e o seu grande eixo económico”, subliñou o presidente.

Parque Nelson Mandela e Complexo das Travesas

No caso da reconstrución do muro de contención no parque Nelson Mandela, en Navia, cun orzamento de 513.000€, a Deputación achegará 412.000€ que se corresponden co 80% do investimento. O obxectivo é reconstruír un muro que se atopa en estado deficiente e de garantir, en último termo, a seguridade dos peóns deste parque vigués e da contorna do centro de saúde de Navia.

Ademais, cun orzamento de 286.000€, financiando a institución provincial 225.000€, actuarase no Complexo deportivo das Travesas, onde se substituirá a cuberta do pavillón coñecido como “pista vermella” e se mellorará a envolvente térmica.

Campo de Sárdoma-Moledo

Por outra banda, apróbase o convenio para as obras de reparación do muro do campo de fútbol de Sárdoma-Moledo, das que a Deputación financia o 80% da obra, é dicir, 650.000€, e o Concello faise cargo dos 170.000€ restantes. Os traballos consistirán na construción dun muro de contención de 7 metros de altura ao pé do talude, dando continuidade ao situado ao norte do campo das Relfas.

Entre as actuacións inclúense a demolición do pavimento deteriorado, no que se aprecian importantes fisuras e roturas, e a posterior reposición do firme na explanada; a execución do drenaxe mediante cuneta perimetral -as fendas favorecen a entrada de auga ao terraplén- e posterior conexión ao existente; e a retirada e reposición do peche perimetral con malla metálica. O prazo estimado de execución é de 5 meses desde o inicio da obra.

Finca Matías

Por último, no proxecto da Finca Matías, do que a institución provincial financia 2,6 millóns de euros, facéndose cargo o Concello dos 670.000€ restantes, remodelarase este espazo, situado entre a Travesía de Vigo e rúa Aragón, para dotalo dun macroparque con área de xogos infantís inclusivos e non inclusivos e de xogos interactivos. Ademais adecuaranse os accesos, incorporaranse zonas veredes, instalaranse novos elementos de mobiliario urbano e modernizaranse, entre outras cuestións, as redes de subministro e a iluminación.

Convenio de 5 millóns co Concello de Vigo

O presidente da Deputación, Luis López, lembrou que estes son os catro primeiros proxectos con cargo aos 5 millóns de euros que a Deputación ten reservados para Vigo.

A esta cantidade hai que sumar os 6,2 millóns de euros xa destinados a diferentes actuacións en rúas da cidade -correspondentes a proxectos que o Concello deixara sen executar e polos que o alcalde, Abel Caballero, amosouse “encantado”-.

Grada de Gol en Balaídos

Ademais, Abel Caballero e Luis López asinaron outro acordo polo cal achegarán ao 50% os 26 millóns de euros que costará a reforma integral da Grada de Gol, no Estadio Municipal de Balaídos. Deste xeito, o Concello de Vigo achegará 13 millóns e a mesma cantidade a Deputación de Pontevedra. No acto, celebrado no mesmo campo o pasado mes de xuño, López e Caballero amosaron a súa boa sintonía e o alcalde Caballero recoñeceu “a boa disposición” do organismo provincial, agradecendo que non houbes problema algún e que tanto a Deputación como o seu presidente tivesen cumprido

Te podría interesar