Comarcas

Tui acende este sábado o seu Nadal

E comezxa unha proghramación de 40 días con música, cine, mercado, elfos ou obradoiros

Tui acenderá este sábado, 30 de novembro, ás 18.30h o seu Nadal. O acto se desenvolverá na Praza da Inmaculada. Máis de 506.000 bombillas led e máis de 4.000 metros de elementos luminosos encherán de luz e de cor das rúas e prazas da cidade para vivir un Nadal cheo de maxia.

Taller Máxico de Papá Noel

O acendido das luces contará coa banda sonora do Coro Infantil de Pazos de Reis que interpretará composicións propias destas datas enchendo de música a Praza da Inmaculada.

Tras o acendido, na mesma praza, abrirá as súas portas o Taller Máxico de Papa Noel, a gran novidade da programación deste ano. O taller de xoguetes, a oficina postal, o despacho de Papa Noel, e mesmo a cociña con arrencendos doces, trasladaranse dende Laponia a Tui para contaxiar de toda a maxia e ilusión do Nadal a pequenos e maiores, con elfos como anfitrións.

Mercado de Nadal

A poucos metros, no Paseo da Corredoira, abrirán as súas portas as 20 casetas de madeira que conforman este ano o Mercado de Nadal. Un evento que conta cunha coidada decoración, e que brindará tanto artesanía coma gastronomía até o 5 de xaneiro. Flores de Pascua, decoración de Nadal, gorros de elfo e Papa Noel, árbores, adornos, formarán parte dos produtos que se ofertarán xunto a filloas,
chocolate quente, mel, hamburguesas,… poderanse degustar na Corredoira este Nadal.

Distintos puntos da cidade coma a rúa Ourense, o Paseo da Corredoira, a rúa Ordóñez ou a Praza de San Fernando, entre outros, transfórmanse nestas datas grazas á «coidada decoración» elaborada por persoal municipal con elementos reciclados e reutilizados. «Ano a ano engaden novos motivos e detalles creando con mimo fantásticos escenarios cheos da ilusión do Nadal».

Belén e actuacións musicais

Ademiais, este Nadal poderase visitar na Oficina de Turismo o Belén de grandes dimensións de Mingos Méndez, dende este domingo ás 18:00h. A continuación actuará a Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro.

As rúas de Tui, o Teatro Municipal, e o edificio recentemente rehabilitado na rúa Camilo José Cela servirán de escenario das actuacións musicais previstas a cargo de distintas agrupacións coma o alumnado do Conservatorio e da Escola de Música, coros e corais, a Banda de Música Popular de Tui ou mesmo rondallas.


Ademais en vigoalminuto


Os Bolechas, cine, e deporte

Asi mesmo, máis aló da fantasía que creará o Taller Máxico de Papa Noel, os nenos e nenas poderán tamén gozar con diversidade de obradoiros na Biblioteca e mesmo cos Bolechas. O Nadal é tempo tamén de lectura e nestas datas haberá presentación de libros.

O cinema estará presente a través da serie documental sobre Rosendo Salvado que se proxectará no Teatro Tudense. E na oferta festiva destas datas non faltará o deporte coa San Silvestre Tudense. Esta proba será solidaria ao igual que a andaina que pecha o calendario da Eurocidade Tui-Valença.

Árbore dos desexos e tren de Nadal que chegará ata Valença

E facer realidade os desexos de nenos e nenas será posible grazas á Árbore dos Desexos, situada no Taller Máxico de Papa Noel, onde a nosa solidariedade se transforma en agasallos para os cativos e cativas das familias ás que axuda SOS Tomiño-Baixo Miño.

Durante o Nadal, dende este venres, o tren turístico de Nadal da Eurocidade comunicará os centros históricos de Tui e Valença os venres, sábados e domingos, e dende o 20 de decembro até o 5 de xaneiro farao con viaxes diarias.

Cabalgata Internacional

Por último, a programación culminará coa única Cabalgata Internacional de Reis entre dous países que un ano máis traerá a Melchor, Gaspar e Baltasar á Eurocidade-Tui Valença nun percorrido fantástico, cheo de ledicia e imaxinación.

A maxia, a ilusión, e o espírito do Nadal brillarán con luz propia durante 40 días nas rúas e prazas tudenses, cunha «programación pensada para o goce de todos os públicos dende o máis pequenos ao máis maiores, nunhas datas entrañables, cheas de ilusión, solidariedade e cariño».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.