Este mércores, día 26, ás 12:30 e ás 17:30h.o Teatro EAV do CIFP Audiovisual de Vigo (R/ Edudardo Cabello S/N) acollerá a estrea de «El Kijote de Churruca», unha obra de teatro escrita, dirixida e producida, iluminada e interpretada polo alumnado de 2º dos ciclos superiores de Realización e Produción de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos e de Iluminación, captación e tratamento de imaxe.
Trama
Inspirada no clásico universal de Cervantes, a obra presenta un enfoque contemporáneo e íntimo, retratando a vida dun hidalgo do século XX. Tras pasar oito anos nunha clínica de desintoxicación, o protagonista sae á rúa na procura de Dulcinea, a persoa que marcou o seu pasado e da que hai moito
que non sabe nada. As luces das farolas e os leds dos bares de Churruca convértense no pano de fondo desta historia de amor e desamor.
Tamén en vigoalminuto
- Frenazo al parque canino de Barreiro: los vecinos tumban la licitación y exigen cambiar el proyecto
La Mesa de Contratación retira la licitación del proyecto municipal - A Xunta Electoral advirte a Rueda por utilizar unha visita a Vigo para facer propaganda da súa xestión
Considera que o presidente vulnerou a neutralidade institucional durante a súa visita ás promocións de vivenda pública de Navia - Vigo pierde población en verano, pese al turismo: nos vamos de vacaciones fuera de la ciudad
Aunque batimos récords de visitantes
Todo da man do alumnado
«El Kijote de Churruca» é unha mostra do talento e esforzo colectivo do alumnado, que asume os diferentes roles necesarios para levar á escena esta singular proposta teatral. A obra promete emocionar ao público con momentos de reflexión e intensidade dramática, nun contexto urbano e actual.
A entrada ao evento é aberta ata completar aforo. «Invitamos a toda a comunidade educativa a formar parte deste fermoso reto teatral».
