Así é, nada máis e nada menos que 109 anos son os que vén de celebrar Concepción Val Cousiño, veciña de Maceira-Covelo. Por suposto, estivo acompñada da súa familia e ata a súa casa acehegouse o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, a concelleira María Valiñas e ex concelleiro José María Vázquez que a visitaron para agasallarlle un ramo de flores e unha torta de cumpreanos.
A emigración a Alemania, o traballo no campo no lugar de Pencellos, Maceira, o da fábrica de porcelana ou guiar aos bois permanecen tatuados na súa memoria e forman parte da súa traxectoria de vida dende que naceu no ano 1915.
Concepción é nai de dous fillos, Carmen e Valentín; ten tres netos, Silvia, Víctor e David, e duas bisnietas, Sara e Alicia. De igual forma -para que vexamos como é- leva no seu corazón ao seu xenro Antonio, á súa nora María del Carmen, e non esquece ao seu irmán Sergio, que vive en Uruguai e, por suposto, ao seu marido, Valentín, que faleceu hai anos.
Outras novas
- Nuevas ofertas de trabajo en Vigo: buscan mecánicos, técnicos, médicos y vendedores

- CTAG lanza HAARO, su laboratorio de robots humanoides para la fábrica del futuro

- El boom del caravaning está aquí: Ifevi acoge una gran feria con 400 vehículos y pernocta gratuita

- Cae una trama, con base en Vigo, dedicada al fraude con camiones y vehículos industriales

- Vigo despega como capital espacial: New Space reunirá en la ciudad al gran ecosistema aeroespacial

- Vitrasa activa lanzaderas especiales a Samil por el Día de las Fuerzas Armadas en Vigo

Que pasou en 1915?
Por si non fora suficiente unha vida con dúas guerras mundiais e unha guerra civil, ese ano o Congreso dos Estados Unidos rexeitou darlle o dereito ao voto ás mulleres- e logo van de demócratas-; para os que andamos pegados todo o día ao móvil: Alexander Graham Bell (en Nueva York) e o seu asistente Thomas A. Watson (en San Francisco), inauguran as chamadas telefónicas de costa a costa; en México, Pancho Villa asume plenos poderes militares e civís; en Palestina comeza unha infestazón de langostas, que durará 7 meses e Albert Einstein publica a Teoría Xeral da Relatividade.
Ese ano, xunto con Concepción, nacen o xenio do cinema Orson Welles; o multimillonario David Rockefeller; a grande actriz sueca Ingrid Bergman; o dramaturgo Arthur Miller, que estivo casado con Marilyn Monroe; e tamén, Frank Sinatra, ainda que non en New York, New York, senon en Hoboken, Nueva Jersey.
