Comarcas

O Porriño pon fin a 30 anos de ‘feismo’ en pleno centro urbano

Aprobando unha medida que afecta ao edificio lóbrego da Praza Central

O Goberno municipal do Porriño aprobou hoxe a modificación puntual do PXOM que permitirá resolver un grave problema de ‘feísmo’ urbanístico que levaba máis de 30 anos enquistado no centro da vila. A medida, afecta ao edificio lóbrego de seis plantas da Praza Central, unha das zonas neurálxicas do centro urbano, e enmárcase no ámbito das rúas Estación e Peña, no corazón da vila.

Desde a aprobación do Plabn Xeral, a realidade do conxunto de edificios na rúa Estación non foi contemplada adecuadamente, o que deu lugar a un grave estado de deterioro e abandono nunha localización principal do Porriño. A mazá na que se sitúa este edificio é a única no centro urbano cun espazo interior aberto, non edificable en planta baixa, e na que as aliñacións interiores estaban mal definidas, o que impedía que o espazo puidese ser considerado un patio de mazá ou un espazo libre.

Modificación

Deste xeito, a modificación puntual do PXOM aprobada hoxe introduce axustes nos parámetros de ocupación en planta baixa, substituíndo as aliñacións interiores por novas delimitacións edificables, resolvendo o problema que mantiña paralizada a construción. Esta solución, subliñan dende o Concello, non afectará as determinacións fundamentais do PXOM, mantendo as aliñacións exteriores, a edificabilidade e os aproveitamentos urbanísticos contemplados no plan orixinal.


Tamén en vigoalminuto


Máis vivendas

Así, o alcalde, Alejandro Lorenzo, salienta que a solución proposta non só resolve o problema de feísmo urbanístico, senón que tamén aborda cuestións de seguridade e mellora a funcionalidade da zona. «A prioridade é acabar con este problema de feísmo co que estivemos convivindo durante anos. Ademais, esta modificación permitirá dispoñer de máis vivendas nunha localización privilexiada, mellorando a calidade de vida dos veciños e a dinámica urbana do centro do Porriño». Lorenzo incide en que a xestión do Goberno municipal “non se limita a esta edificación, senón que ese está a traballar para resolver esta problemática noutras construcións do municipio”.

Por último, engade que ademais de mellorar a estética e a seguridade, a nova ordenación permitirá reactivar unha área que estaba desvalorizada, contribuíndo ao crecemento sostible do municipio.  A medida foi aprobada en Pleno co voto a favor do equipo de goberno e o voto en contra dos grupos da oposición.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.