Galicia

Morre un condutor de 86 anos de idade, nun accidente entre dous vehículos

É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia

Morre un condutor de 86 anos de idade, nun accidente entre dous vehículos

Un home de 86 anos morreu ás 11:20 horas deste luns tras un accidente entre dous vehículos, na estrada AC-441 ao seu paso pola parroquia de San Cosme de Antes, no concello de Mazaricos.

Unha furgoneta e un turismo colidiron frontolateralmente e mentres o condutor da furgoneta, de 71 anos, resultou ileso, o do turismo, un veciño de Antes, que non levaba posto o cinto de seguridade, perdeu a vida. 

Foron os Bombeiros de Xallas os tiveron que liberar ao único ocupante do coche. Pola súa banda, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ata o lugar do sinistro o helicóptero medicalizado con base en Santiago e a unha ambulancia de soporte vital básico cun equipo médico de Atención Primaria que só puido confirmar o falecemento.

https://twitter.com/112Galicia/status/1861003259315359972

Morre un peatón na Laracha

A morte deste condutor é a segunda que se produciu este luns nas estradas de Galicia. A outra é a dunha persoa atropelada na estrada AC-523, á altura da Laracha.

Foi un particular o que alertou ao 112 ás 07:30h., avisando de que o accidentado atopábase inconsciente. Decontado, movilizouse a Bombeiros de Bergantiños, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil da Laracha e 061 Galicia, pero ninguén pudo facer nada para salvarlle a vida.

https://twitter.com/112Galicia/status/1860963692419981579

You may also like