A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, e o presidente do padroado da Fundación MARCO, Miguel Fernández-Cid, asinaron este xoves un convenio de colaboración entre ámbalas dúas entidades, a través do cal a institución provincial achega 100.000€ para colaborar na produción, realización e atención de exposicións e publicacións de artistas. “Queremos tender a nosa man para que a cidade de Vigo conte cunha programación cultural estable, achegando diferentes estilos artísticos á cidadanía”, asegurou Sánchez.
Exposiciones
Así, os recursos da Deputación de Pontevedra permitirán financiar actividades como a exposición de Laia Argüelles Folch, que se pode desfrutar ata o vindeiro mes de xaneiro no MARCO, ou a de Susanne D. Themlitz, inaugurada a principios de novembro. Ademais, a través da colaboración entre ambas institucións levarse a cabo a produción da exposicións de Irene González e o deseño do proxecto e a produción de obras da exposición de Marta María Pérez Bravo, Yolanda Herranz Pascual e Andrea Costas Lago. Por último, o MARCO tamén preparará, producirá e difundirá publicacións de Laia Argüelles Folch, Concha Martínez Barreto, Susanne D. Themlitz, Alfredo Alcain e Eduardo Gruber.
Tamén en vigoalminuto
- Muere el actor Michael Madsen, a los 67 años
- En marcha o ‘Arena 1.000’ de Balonmán Praia
- En búsqueda y captura la educadora social condenada en Vigo por abusar de una menor
- Licitada a reforma integral da Praza de Abastos do Porriño
- O BNG de Vigo denuncia que o Goberno local identifica por “motivos raciais” e veta o acceso de feirantes ao Concello
- El alcalde cree que el traslado de pacientes al nuevo centro de salud de la rúa Lalín, “está mal programado”
“Potencial cultural inmenso”
Trátase, en palabras da vicepresidenta provincial, dunha “colaboración fundamental porque este museo é unha gran referencia artística, xa non só de Vigo, senón da provincia e de toda Galicia”. Ademais, Sánchez remarcou a importancia de “contribuír a que a nosa escena cultural estea en bo estado de saúde. Desde a Deputación tomámolo como un obxectivo prioritario, e abordámolo desde un enfoque estratéxico”.
Deste xeito, o obxectivo é achegar á cidadanía a arte e a cultura en xeral, e que na cidade de Vigo haxa unha programación plural de exposicións e actividades, “porque esta cidade e a provincia de Pontevedra en xeral, ten un potencial cultural inmenso, e debemos impulsalo, visibilizalo e promocionalo”.