Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 51 persoas debido a 39 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres 15 e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 17 de novembro.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia, recibiu nestes días 47 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.
Ademais en vigoalminuto
- O Porriño enche a fin de semana de festas con música, teatro, tradición e deporte
As Festas do Cristo 2026 ofrecen familiares, espectáculos, competicións deportivas e a tradicional Romaría do Monte da Risca - O TSXG condena o Sergas por vulnerar os dereitos fundamentais dun traballador
Fixa unha indemnización de 38.497€ ao empregado da Áera Sanitaria de Vigo - El alcalde anuncia que Vigo reserva casi 400.000€ para la Cabalgata de Reyes y la megafonía de Navidad
113.000€ serán para el diseño y construcción y otros 120.817 para la producción técnica de la Cabalgata
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas foron 48. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 4 accidentes; o helicóptero medicalizado mobilizouse nunha ocasión; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 41 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 2accidentes.
Unha persoa perdeu a vida
En 44 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en seis ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.
Esta foi a que caeu por un terraplén de 80 metros, o domingo no concello de Quiroga. Foi un particular o que deu o aviso, sobre as 14:30h., ao 112 Galicia indicando que o conductor podería estar morto.
De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia solicitouse a intervención do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os cales decidiron mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o punto, aínda que, desgraciadamente, nada se puido facer pola vida da persoa.
A maiores, tamén se alertou aos Bombeiros de de Monforte, ao GES de Quiroga, aos axentes da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil.
