A Rede Galega de Educacións en Prisión (Regaep), da que forma parte a Asociación Érguete, advirte que as medidas recollidas no Real Decreto Lei 2/2024 de 21 de maio, “polo que se adoptan medidas urxentes para a simplificación e mellora do nivel asistencial da protección por desemprego”, suprimen o subsidio de excarceración. de carácter asistencial que tiña como finalidade garantir un apoio básico a reinserción das persoas excarceradas, “o que supuña unha pequena axuda humanitaria e social, co fin de reducir os efectos negativos do encarcelamento e as taxas de reincidencia”, explican dende a Regaep.
Outras novas
- La UVigo aprueba la descentralización de Medicina…con el rechazo del alcalde

- Directos Vibra Mahou regresa en 2026 con Rufus T. Firefly, Repion, Anabel Lee y Niños Bravos

- Se aceleran las obras de emergencia en las válvulas de Eiras

- Llega la tercera edición de +Talento Motor, la cantera que impulsa a los jóvenes pilotos gallegos

- El 100% de la plantilla del almacén de Amazon en O Porriño secunda la huelga

- Detenida en Vigo por estafar más de 23.000€ mediante contratos telefónicos con datos de otras personas

Ás colas do ingreso mínimo vital
Na Rede Galega lamentan que dende o pasado 1 de novembro, as persoas excarceradas pasan a engrosar as colas do Ingreso Mínimo Vital (IMV) e iso soamente “no mellor dos casos”. Isto provoca unha situación “de indefensión e desamparo polos requisitos, o sistema e os mecanismos de acceso a Ingreso Mínimo Vital que existen a día de hoxe”. Ademais, na Regaep tamén solicitan, “a quen corresponda”, que facilite a información relativa a este “substancial cambio que vai afectar ás persoas privadas de liberdade dos establecementos penitenciarios galegos”.
Na Regaep deseñaron unha infografía en galego e castelán para que poida estar a disposición das persoas privadas de liberdade e na que terán acceso a información importante sobre os trámites precisos para a solicitude do Ingreso Mínimo Vital que vai a substituír ao subsidio de excarceración.
A Rede Galega de Educacións en Prisión está formada por un conxunto de entidades sociais que traballan en clave socioeducativa coas persoas privadas de liberdade, nos cinco centros penitenciarios e nos dous CIS de Galicia. “O noso obxectivo é reivindicar o potencial da educación como dereito e como necesidade, non só para mellorar a calidade de vida das persoas senón tamén dos contextos sociais dos que forman parte”, destacan.
