Comarcas

O Porriño estreará unha nova zona verde de lecer, para persoas e mascotas

Estará na Avenida de Galicia e contará cunha superficie de máis de 1.600 m2

O Porriño estreará unha nova zona verde de lecer, para persoas e mascotas

O Porriño contará cunha nova zona verde de lecer no corazón do municipio, ubicada na céntrica Avenida de Galicia, unha das zonas máis transitadas do casco urbano.

Esta nova area, que ocupará unha parcela de máis de 1600 m2 está deseñada para proporcionar un espazo seguro e agradable de paseo dos cans, á vez que ofrece un lugar de esparcemento e lecer para a veciñanza”.

O parque estará pechado perimetralmente, o que permitirá que os propietarios dos cans e, o máis importante, os canciños, poidan gozar dun espazo onde pasear e xogar de forma libre e sen correa, nun entorno adaptado ás súas necesidades e con toda a seguridade. Ademais, instalaranse mesas e bancos para poder relaxarse e disfrutar do aire libre.


Outras novas


Árbores

No tocante á vexetación, plantarase unha arboleda que proporcinará sombra mellorando a calidade ambiental da área e facendo deste lugar un “espazo confortable para persoas e animais, especialmente durante os meses máis calurosos”.

Esta iniciativa responde a unha das liñas de traballo do goberno municipal que “aposta pola creación de máis espazos públicos de calidade para a veciñanza”. Nesta ocasión, ponse o foco nas moitas persoas que comparten a súa vida con cans no centro urbano, e que carecen de lugares axeitados para pasealos sen correa.

Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, subliña que “coa apertura deste novo parque non só queremos mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, senón que tamén queremos dar resposta a unha necesidade moi crecente no centro da vila, ao proporcionar un espazo seguro que reúna as condicións para que os cans poidan disfrutar do seu paseo diario de forma segura”.

“Seguimos traballando na mellora dos nosos espazos públicos, con parques como este queremos facer do Porriño un lugar máis amable e inclusivo para todos e todas, incluidos os porriñeses de catro patas”. A zona estará dispoñible para o seu uso nos próximos meses. 

Te podría interesar