A programación do Samaín de Redondela contará nesta edición cunha espectacular novidade. Este xoves, a partir das 18.30h., comezará o “Túnel do Terror” no paseo do Maceiras. A alcaldesa de que advirte que será unha actividade “sorprendente, divertida e terrorífica cunha montaxe espectacular”.
Así, o percorrido, pola beira do río, ofrece aos máis atrevidos uns 1.500 metros con decoración terrorífica ambientada no Samaín. Os participantes interactuarán cun total de 16 actores que escenificarán diferentes situacións ao longo do percorrido, misterio e suspense. Haberá sorpresas e desafíos a cada paso. É unha experiencia “intensa”, polo que está dirixida a público a partir dos 13 anos ou menores acompañados dun adulto.
Obradoiros de cabazas e maquillaxe
A programación comezará cos obradoiros nos Multiúsos de Chapela e da Xunqueira de 17.00 a 20.00 horas. En Chapela a diversión está asegurada durante estas tres horas nas que os máis pequenos poderán participar o obradoiro “Fai a túa cabaza de Samaín. Na Xunqueira, ademais do obradoiro de cabazas, tamén haberá talleres de “Maquillaxe de terror” e chapas.
Pasarrúas SubUmbra
A animación polas rúas na noite máis terrorífica do ano correrá a cargo de Troula Animación co seu espectáculo “SubUmbra”. Uns seres descoñecidos que deambulan sen rumbo entre as tebras esperan o seu momento para facerse ver e crear o caos.
Polas rúas de Redondela deixaranse ver “Lobisome” e “Nosferatu”, con Rex e Xuno completando esta comitiva das sombras, achegando faíscas, luz e lume ao percorrido. O pasarrúas comezará ás 19.30h. desde a Praza de Ribadavia.
Ademais en vigoalminuto
- Vigo se enciende con el Underfest Xacobeo 2025: música, arte y actitud underground

- ‘Pijama para seis’, Gabino Diego en Vigo

- Tensión institucional por la presa de Eiras: Caballero acusa a la Xunta de “ineptitud”

- Renfe programa 12 servicios por carretera durante las obras de Adif entre Salvaterra y As Neves

- 1.600 atletas tomarán la salida este domingo en la Media Maratón de Vigo

- Pilar, con 84 años, cumple su sueño de volar en paratrike

Visita ao Cemiterio dos Eidos
As supersticións, crenzas e lendas da noite de defuntos cobrarán vida no cemiterio dos Eidos. Nunha visita guiada a partires das 20.00 horas os participantes poderán gozar dos misterios deste fermoso e terrorífico camposanto e coñecer as súas tradicións ancestrais. Actividade para adultos con inscrición previa.
Todas as actividades son de balde. Máis información chamando ao teléfono 986 401 713 ou enviando un correo electrónico a [email protected].

