Galicia

Dende este luns, Tráfico pon en marcha unha campaña de vixilancia de luces e rodas

Haberá controis en todas as estradas

Muere atropellado por su propio tractor

A Dirección Xeral de Tráfico ten activada dende este luns unha campaña de vixilancia de lunes e rodas, en todas as estradas de Galicia. A mesma, activa ata o xoves, incidirá no correcto mantemento do vehículo: en estes días, paneis de sinalización advertirán os condutores de controis específicos.

Segundo varios estudos, a posibilidade de morrer o resultar con feridas graves duplícase nos coches de 10 a 15 anos de antigüidade fronte aos que teñen 5 anos ou menos. Porén o mantemento axeitado do vehículo é clave, considerando que en Galicia temos os coches con maior quilometraxe medio recorrido de todo o Estado, con 185.000 quilómetros.

Rodas

Neste sentido, se falamos de rodas, que deben asegurar a adherencia no empuxe, na freada e no esvaramento lateral, é recomendable que a profundidade das fendas teña como mínimo 3 milímetros (o límite legal é de 1,6 milímetros). Así, dacordo cos datos da Garda Civil, un 5 % dos vehículos circulan con defectos graves nas rodas.

En relación cos pneumáticos, Tráfico aconsella comprobar regularmente a súa presión en frío e a da roda de reposto, así como revisar posibles fugas e garantir que todas levan o tapón.


Tamén en vigoalminuto


Luces

En canto ás luces, para que a condución  se realice en condicións de seguridade, aconséllase prestar atención a súa utilización, mantemento e regulación dos faros. Así, contaremos cunha luz acaída para circular e evitaremos cegar a outros condutores.

Así mesmo, é obrigatorio utilizar a iluminación que regulamentariamente se estableza cando existan condicións meteorolóxicas ou ambientais que diminúan sensiblemente a visibilidade, como en caso de néboa, choiva intensa, nevada, nubes de fume ou de po.

Especialmente nesta estación do ano, con menos horas de luz -ollo que a noite do sábado ao domingo é o cambio de hora- a DXT recomenda que os vehículos leven as luces acesas, mesmo de día. Está demostrado que circular de día levando as luces curtas acesas reduce o risco de accidente, aumenta a visibilidade e, ademais,advirte aos peóns.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.