Comarcas

Este luns comeza a selección para un novo programa de emprego en Redondela

Para mozas e mozos de 16 a 30 anos e retribuido

Este luns comeza a selección para un novo programa de emprego en Redondela

Por segundo ano consecutivo, a Asociación de Empresarios de Redondela quere apostar polo talento novo achegando á mocidade ás empresas de sectores estratéxicos da localidade. O proceso de selección de persoas candidatas dará comenzo este luns 21 e estará aberto ata o 31 de outubro.

Estadías en empresas

O ‘Programa Xuventude Mentoring na Empresa’ consiste nun programa de estadías formativas en empresas vinculadas a sectores estratéxicos e colaboran, entre outras, Op mobiliy, Alfico-New Balance, Tecsumaga, Pescanova, Recambios Ochoa, Peter Taboada, Carpinautic, Centro de día Os Cortizos ou Centro de día de Redondela. En conxunto, darán acollida a 20 candidatos para prepararse en moi distintos postos.

Mozas e mozos de 16 a 30 anos

A finalidade deste programa, orientado á persoas mozas, de entre 18 e 30 anos, inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX), non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, é reforzar a súa empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais adaptadas ao
contexto laboral actual, contribuíndo á mellora da súa formación
mediante a adquisición de experiencia.

3-4 meses

O período das estadías formativas en empresas será de 3-4 meses, cunha duración mínima de 100 horas mensuais e catro días semanais. (A realización das estadías formativas comezará en novembro).

As bolsas de formación serán de 661,50€ ao mes, incrementada en 100€/mes en caso de persoas con discapacidade e unha axuda de custo por desprazamento de 100 €/mes cando o concello do centro de realización da estadía formativa non sexa o mesmo que o concello de residencia.


Outras novas en vigoalminuto


Obxectivos

Os obxectivos que persegue a asociación con este programa son:

  • Potenciar os programas de educación non formal en que as persoas mozas adquiran os coñecementos e habilidades máis demandados no contexto laboral actual
  • Achegar as persoas mozas á realidade empresarial e mellorar a súa autonomía persoal
  • Crear un ecosistema favorable á creación de oportunidades de emprego xuvenil
  • Favorecer a captación e retención de talento en sectores económicos clave para a economía galega

IMPORTANTE

As persoas interesadas poderán realizar as súas solicitudes tanto presencialmente (r/José Regojo, 2 – 1ºB) como a través de medios electrónicos dispoñendo dos formularios de inscrición na web da entidade: www.empresasredondela.gal.

También te puede interesar