Por segundo ano consecutivo, a Asociación de Empresarios de Redondela quere apostar polo talento novo achegando á mocidade ás empresas de sectores estratéxicos da localidade. O proceso de selección de persoas candidatas dará comenzo este luns 21 e estará aberto ata o 31 de outubro.
Estadías en empresas
O ‘Programa Xuventude Mentoring na Empresa’ consiste nun programa de estadías formativas en empresas vinculadas a sectores estratéxicos e colaboran, entre outras, Op mobiliy, Alfico-New Balance, Tecsumaga, Pescanova, Recambios Ochoa, Peter Taboada, Carpinautic, Centro de día Os Cortizos ou Centro de día de Redondela. En conxunto, darán acollida a 20 candidatos para prepararse en moi distintos postos.
Mozas e mozos de 16 a 30 anos
A finalidade deste programa, orientado á persoas mozas, de entre 18 e 30 anos, inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX), non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, é reforzar a súa empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais adaptadas ao
contexto laboral actual, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia.
3-4 meses
O período das estadías formativas en empresas será de 3-4 meses, cunha duración mínima de 100 horas mensuais e catro días semanais. (A realización das estadías formativas comezará en novembro).
As bolsas de formación serán de 661,50€ ao mes, incrementada en 100€/mes en caso de persoas con discapacidade e unha axuda de custo por desprazamento de 100 €/mes cando o concello do centro de realización da estadía formativa non sexa o mesmo que o concello de residencia.
Outras novas en vigoalminuto
- La UVigo aprueba la descentralización de Medicina…con el rechazo del alcalde

- Directos Vibra Mahou regresa en 2026 con Rufus T. Firefly, Repion, Anabel Lee y Niños Bravos

- Se aceleran las obras de emergencia en las válvulas de Eiras

- Llega la tercera edición de +Talento Motor, la cantera que impulsa a los jóvenes pilotos gallegos

- El 100% de la plantilla del almacén de Amazon en O Porriño secunda la huelga

- Detenida en Vigo por estafar más de 23.000€ mediante contratos telefónicos con datos de otras personas

Obxectivos
Os obxectivos que persegue a asociación con este programa son:
- Potenciar os programas de educación non formal en que as persoas mozas adquiran os coñecementos e habilidades máis demandados no contexto laboral actual
- Achegar as persoas mozas á realidade empresarial e mellorar a súa autonomía persoal
- Crear un ecosistema favorable á creación de oportunidades de emprego xuvenil
- Favorecer a captación e retención de talento en sectores económicos clave para a economía galega
IMPORTANTE
As persoas interesadas poderán realizar as súas solicitudes tanto presencialmente (r/José Regojo, 2 – 1ºB) como a través de medios electrónicos dispoñendo dos formularios de inscrición na web da entidade: www.empresasredondela.gal.
