Sucesos

A Policía Local do Porriño impide una carrera ilegal de coches no Polígono de Oceanis-Cataboi

Coa participacións de coches de máis de 20 anos, mesmo un vehículo fúnebre

A Policía Local do Porriño impide una carrera ilegal de coches no Polígono de Oceanis-Cataboi

A Policía Local do Porriño levou a cabo o pasado sábado 12 de outubro a “Operación Caba”, unha intervención destinada a desactivar unha «masiva concentración de vehículos e persoas» no polígono industrial Oceanis-Cataboi. «Este evento, convocado a través de redes sociais, converteuse nun espazo para exhibicións de condución e carreiras ilegais, xerando un grave risco para a seguridade pública».

Desde hai varias semanas, as autoridades detectaron un aumento na concentración de turismos e asistentes no polígono os sábados pola noite. Inicialmente, estas reunións eran simples quedadas, pero co tempo «evolucionaron cara a carreiras ilegais e manobras perigosas, como trompos e arranques que comprometían a seguridade de case un milleiro de persoas presentes«.

Drons

A operación, «en honra ao falecido policía local Manuel Cabaleiro Martínez», foi coordinada polo Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 1 do Porriño. Dispúxose un amplo dispositivo policial que incluíu o uso de drons e  outros medios técnicos para documentar as infraccións. Ás 00:55 horas do 13 de outubro, a policía pechou sorpresivamente todos os accesos ao polígono, obrigando aos vehículos a saír por un único paso habilitado, onde se realizaron inspeccións exhaustivas.


Tamén en vigoalminuto


Delitos contra a Seguridade Viaria

Como resultado da operación, cinco condutores foron investigados pola presunta comisión dun delito contra a seguridade viaria (condución temeraria). Nove condutores enfrontan denuncias administrativas, con sancións de 500€ e a perda de 6 puntos no carné.

Rexistráronse máis de 20 infraccións ao Regulamento Xeral de Vehículos, así como denuncias por circular sen seguro e sen cinto de seguridade.

As investigacións revelaron que este tipo de concentracións están a levarse a cabo en varios municipios da comarca e tamén en Portugal, con organizadores que implementan medidas de vixilancia para detectar a presenza policial.

Ata un coche fúnebre

Entre os vehículos involucrados nestas carreiras ilegais atopáronse desde automóbiles con máis de 20 anos de antigüidade ata vehículos modernos, sorprendendo a participación mesmo dun vehículo fúnebre.

Os investigados foron citados perante o xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 do Porriño, onde catro deles aceptaron a pena de prisión e a retirada do permiso de condución solicitada polo Ministerio Fiscal, quedando un pendente de comparecer co seu avogado designado.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.