Comarcas

Comezan as obras de acondicionamento dos viais do Polígono da Granxa, no Porriño

Coa ampliación da calzada e rehabilitación do pavimento

O Concello do Porriño comezou cos traballos para o acondicionamento de varios viais do parque empresarial da Granxa, concretamente na Casilla en Atios. O proxecto conta cun orzamento de máis de 114.000€.

Estes viais atopábanse nun estado deficiente, sendo necesaria a rehabilitación do pavimento para garantir a seguridade de vehículos e peóns.

Ampliación da calzada

Para isto, acometerase a ampliación da calzada e dous regos. Actuarase nun treito de 633 metros, cunha anchura media de 6,1 m. Ampliarase a plataforma en 651 m2 realizarase o bacheo de máis de 300 m2 e o fresado de máis de 2,1 km2 e por último estenderase unha nova capa de rodadura nunha superficie de 6,1 km2. Os traballos incluirán o rasanteo de 31 tapas de rexistro e rematarán coa renovación da sinalización horizontal.

No marco deste proxecto levouse a cabo unha exhaustiva revisión do sistema de abastecemento de auga contraincendios do PPI 6-2, que acusa o deterioro do paso do tempo, e unha vez detectadas as incidencias procederase a resolvelas para adecualo á normativa vixente. Esta instalación componse dun depósito a cota superficial e dúas bombas principais encargadas de subministrar o caudal de auga necesaria. O grupo conta tamén cunha bomba auxiliar que mantén presurizada a instalación. 

Camiño no Carracido

Ademási, tamén está en marcha o repavimentado dun camiño no barrio de Carracido, duns 600 metros de lonxitude que, ata o de agora, presentaba un evidente estado de deterioro.

Este camiño, utilizado diariamente por moitos usuarios e residentes da zona, xeraba prexuízos, tanto en termos de mobilidade como de seguridade viaria. O mal estado da vía representaba un risco significativo, afectando non só aos condutores, senón tamén a peóns e ciclistas.

Os traballos de reposición integral do firme abranguen a limpeza e desbroce das marxes, realce das tapas de rexistro, destaconado de raíces e sinalización viaria.


Outras novas en vigoalminuto


Plan Integral

A actuación forma parte do plan integral do Goberno Municipal para mellorar as infraestruturas viarias, priorizando as áreas rurais que, historicamente, foron menos atendidas. Con estas obras, o búscase garantir un acceso seguro e cómodo para os veciños.

O alcalde, Alejandro Lorenzo subliña que «apostamos pola mellora de todas as nosas infraestruturas, especialmente nas zonas rurais, onde os habitantes merecen as mesmas condicións de seguridade e benestar que no núcleo urbano”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.