A folga das traballadoras e traballadores da CRTVG contra a externalización de contidos será indefinida a dende este mércores, día 16. Logo de catro días de partos parciais -forzando a suspensión da emisión do programa O Termómetro, o Comité de empresa denunciou a “nula vontade de negociación da empresa» e por iso o seguinte paso será cumprir co anuncio que fixeron os representantes dos profesionais: que a folga sexa indefinida sen non había acordo este pasado luns, día 14.
Tamén en vigoalminuto
- Se aplaza hasta junio la reapertura de Lepanto
El Concello aprueba una reducción de más de 10.000 euros en el coste de ejecución - La oposición activará un pleno extraordinario tras la imputación de la concejala de Seguridad por el caso del Saltamontes
BNG y PP buscarán el acuerdo para forzar la comparecencia de Abel Caballero - Sigue la búsqueda de María Milagros C. B., desaparecida el martes
Su rastro se perdió junto a su coche, un Renault Captur blanco
Onte, diante das instalacións da CRTVG en San Marcos, os concentrados formaron un SOS para «concienciar á cidadanía galega» e que se suma á defensa duns medios públicos “secuestrados pola Xunta do PP».
Dende o Comité Insisten en que esa externalización- da que é proba O Termómetro, que substituíu ao espazo A Revista, producido pola propia TVG durante máis de 21 anos- “agrava a manipulación informativa” e contribúe ao “desmantelamento programado” das canles autonómicas.
Pola súa banda, os responsábeis da CRTVG, aseguran que o seguimento dos paros non chega ao 32% e que preto dun 70% dos profesionais non os apoian.
