O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou que os socialistas galegos pedirán a comparecencia da secretaria xeral de Presidencia na Comisión de Investigación que se vai celebrar no Parlamento de Galicia para estudar as presuntas irregularidades na contratación da Xunta.
Besteiro fixo estas declaracións durante a visita aos traballadores e traballadoras da CRTVG concentrados en protesta pola externalización de programas e o control político do ente. Así, esixiulle explicacións a Rueda e á súa número dous no goberno galego, Beatriz Cuíña, «logo de coñecerse polos medios de comunicación que durante os últimos sete anos un total de 24 departamentos da Xunta asinaron 272 contratos menores, sen concurso público, coa empresa do seu irmán«, que cualificou de “absolutamente preocupante”. Esixiu coñecer “toda a verdade” por unha “práctica xeneralizada do PP” no goberno para “beneficiar a familiares de cargos” na Xunta.
Tamén en vigoalminuto
- El marisco que consumes contiene microfibras: un estudio detecta microplásticos en mejillones, ostras y almejas

- Caballero vuelve a denunciar que Xunta y Diputación quieren cerrar Peinador

- Así cambiará Rosalía de Castro en Vigo: más espacio peatonal, sombra y menos tráfico

- O Porriño transformará Torneiros: novos parques, estanque e zonas verdes

- El Casco Vello de Vigo recuperará un inmueble emblemático de la Rúa Real, para vivienda protegida

- Detenido en Vigo un fugitivo de Interpol acusado de estafar más de 600.000 euros con un sistema piramidal

A Comisión comeza os seus traballos este martes
Gómez Besteiro anunciou que os socialistas incluirán a comparecencia desta responsable política no plan de traballo da Comisión de Investigación que está a iniciar os seus traballos na Cámara autonómica para fiscalizar a contratación do goberno galego.
Este órgano terá este martes unha primeira xuntanza para aprobar as súas normas de funcionamento, á que os socialistas chegan “cun novo foco de alarma” polo abuso da contratación “a dedo” esta vez para beneficiar a un familiar directo.
Subliñou que “non se trata de calquera cargo”, xa que Cuíña é unha persoa que ostenta unha posición “da máxima confianza de Rueda”, e avisou que “en función de como evolucione este novo caso non descartamos pedir máis comparecencias”. En resposta a preguntas dos xornalistas, advertiu que logo de “coñecer a verdade” nesta Comisión de Investigación, o caso “pode derivar na vía xudicial”.
