O Consello da Xunta autorizou este luns o proxecto de redacción para a construción de 68 novas vivendas públicas en San Paio de Navia. Exactamente, destínanse 637.000€ para este proxecto que forma parte da segunda fase da urbanización de Navia, que ten como obxectivo chegar aos 1.600 pisos nos próximos anos.
Na rolda de prensa posterior á reubnión do Goberno, Alfonso Rueda asegurou que «Vigo e A Coruña son os lugares en que concentran maior esforzo investidor da Xunta en materia de vivenda». O presidente apuntou que o obxectivo final é duplicar o parque de vivenda pública de 4.000 a 8.000 casas.
Ademais en vigoalminuto
- Detenidos tres empresarios de Ponteareas, Vigo, y Mos el presunto desvío de 30 toneladas de cobre de Telefónica

- Samil suma otro derribo: el Concello prepara la demolición total de San Remo

- Hallado muerto junto al puente de Rande el vecino de Redondela desaparecido desde el lunes

- Alianza pola Vivienda cuestiona al alcalde por rechazar el mercado tensionado “¿por qué no quiere aplicar una medida positiva para los inquilinos?”

- Renfe refuerza los trenes a Galicia con más de 1.000 plazas adicionales durante el puente del 12 de octubre

- Trump desnudo y recubierto de oro: la provocadora estatua que planta al expresidente ante el Parlamento Europeo

Dous edificios
En agosto, a Xunta licitara os proxectos e construcción de 57 pisos de protección por un total de 12,8 millóns. En concreto, licitáranse os servizos de redacción de proxecto e dirección de obra e de contratación das obras de construción de dous edificios de 38 e 19 vivendas de promoción pública nas parcelas M-IVA-6 e M-IVA-3 do polígono 1 de Navia.
Na parcela M-IVA-3 prevese a construción dun edificio para 19 vivendas de promoción pública, garaxes e rochos. Polo que se refire á M-IVA-6 prevese a construción dun edificio para 38 vivendas.
Máis de 106.000 m2 para 719 novas vivendas protexidas
Pola súa banda, en xullo, a Consellería de Vivenda e Promoción de Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), autorizou a contratación da obra de urbanización do polígono 2 (Fases A e B) do plan parcial de Navia cun investimento de 16.368.975,04 euros. Ademais xa están en marchas as obras do polígono 1, con remate previsto para a primavera do ano 2025.
Antes xa se autorizara a licitación da obra de urbanización do polígono 2 da ampliación de San Paio de Navia, que ten unha superficie total de 106.361 metros cadrados, e prevese que poida acoller un total de 719 vivendas.
Desta forma, na Fase A, con 44.538 metros cadrados, haberá 337 vivendas, e na Fase B, con 61.823 metros cadrados, serán 382 vivendas.
