A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, mantivo un encontro co futuro Comisario de Pesca e Océanos, Costas Kadis, a quen lle trasladou as preocupacións e reivindicacións do sector pesqueiro e marisqueiro galego, xa que “están nunha situación moi difícil”, apuntou, “a consecuencia tanto do goberno da Xunta como do goberno do Estado”.
“Non é normal que a estas alturas Galiza non sexa considerada zona altamente dependente da pesca e por iso trasladeille ao Comisario que será unha das reivindicacións do BNG como voz galega en Europa”, subliñou Ana Miranda, quen considerou a necesidade desta consideración por parte de Bruxelas para o reparto de fondos.
No encontro, celebrado a petición do propio Comisario, a eurodeputada galega tamén lle trasladou o “inxusto reparto das cotas e TACs de pesca”, que ao seu xuízo deixa á pesca galega en peor situación, precisamente “porque negocia mal por nós o Estado e a Comisión usa criterios só baseados na
sustentabilidade medio ambiental, pero sen ter en conta a social e a económica”.
Tamén en vigoalminuto
- Renfe mantiene suspendidos los trenes a Vigo, al menos hasta el martes

- La Policía Nacional desmantela en As Travesas un ‘punto negro’ de venta de droga a menores

- Del “encantado” al “nos esquilman”: los giros de Abel Caballero con la Diputación en apenas un año

- Temporal y trenes cancelados: PP y BNG cargan contra Renfe, Adif y el silencio de Abel Caballero

- Vigo sigue sin trenes y sin explicaciones

- Detenido por retransmitir en directo las agresiones sexuales a su hija

Renovación do FEMPA
A renovación e a modernización da frota, que permitan a remuda xeracional do sector foron outros dos temas da reunión, así como a situación das mariscadoras e mariscadores, que non están a cobrar as axudas e non contan con recursos. Esta situación “esixe unha revisión urxente do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura”, salientou Ana Miranda, quen tamén mencionou a necesidade de incrementar os fondos específicos para a rexeneración integral das rías galegas, “xa que non hai pesca sen augas limpas”, explicou.
A eurodeputada galega trasladoulle así mesmo o malestar co Comisario anterior, especialmente “polas medidas tomadas contra a nosa pesca”, como a decisión da veda das 87 zonas da pesca de fondo, que afecta a moitos portos galegos, dende Celeiro a Ribeira. “Galiza ten que seguir pescando e nós como
voz galega en Europa imos defender na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo un diálogo para que Galiza teña moita máis forza e peso e un reparto de cotas xustas”, concluíu Ana Miranda.
