O Goberno municipal de Redondela deixou de gastar a metade do orzamento en cultura pero, por contra, «disparou» o gasto en festas e festexos ata os 700.000€. Esta é a crítica que fixo o voceiro do BNG, Xoán Carlos González, durante o debate da Conta Xeral do ano 2023.
«Gasto sen criterio e sen control»
González difundiu os datos concretos cos que cuestionou o modelo de xestión do goberno bipartito PSOE-AER lamentando o “gasto sen criterio e sen control do goberno de Digna Rivas”. Esta advertencia xa a tén trasladado noutros debates, como no correspodente ao pago de case 3 millóns de euros en facturas atrasadas.
Na súa análise plenaria, Xoán Carlos González detívose en contrastar dúas partidas significativas. Por unha banda na área de cultura reduciran o gasto á metade, pouco máis de 120.000. Pola contra na correspondente a festas e festexos o gasto disparouse aos 700.000€.
Adeús á cultura
En canto ao gasto en cultura, o voceiro nacionalista lamentou que Redondela deixara de ser un referente comarcal. “O convenio interparroquial que apoia a corais, grupos de baile e música, teatro das parroquias somentes se gastou a metade do orzamentado”. Tamén desapareceu o Verán Cultural, ou reducíuse nun terzo a inversión en actividades culturais do Concello.
Máis novas en vigoalminuto
- Vigo proyecta cubrir tramos de la AP-9 con parques y ascensores para “coser la ciudad”

- El PP de Vigo carga contra Caballero: “Las calles están sucias y el premio de limpieza no es real”

- Empresas fantasma y altas laborales falsas: así se cobraron 162.000€ en prestaciones de la Seguridad Social

- Hallan un cuerpo encadenado en el puerto de Ribeira: la Policía investiga todas las hipótesis

- El mercado de arte Mona vuelve al Centro Comercial Gran Vía de Vigo con más de 40 expositores

- Vigo se prepara para un gran despliegue militar con más de 3.000 efectivos y desfile aéreo y naval

Máis cartos para actividades festivas e para o alumeado de Nadal
Pola contra en canto ás activididades festivas municipais, chegouse a un gasto de 700.000€. “Trátase dun dato moi claro do modelo de que quere facer o goberno de Digna Rivas”, lamenta Xoán Carlos González. Critica que o goberno se manteña nesta liña, pois en alumeado de Nadal vai ser dos concellos que máis gaste da provincia, mesmo á altura de Pontevedra.
“Estamos ante un cambio no paradigma da xestión cultural en Redondela, onde no canto de promocionala implicando a máis veciños e veciñas, déixase todo en mans de celebracións e festexos”, lamentou o voceiro nacionalista.
Tampouco en emerxencia social
Outras partidas que destacou Xoán Carlos González que o goberno de Digna Rivas non esgotou, foi a correspondente a emerxencia social, outras nin sequera se tocaban como no caso dos 180.000€ dos orzamentos participativos.
