Veciños e empresas que estean radicadas preto dun parque eólico en Galicia, pagarán a metyade no recibo da luz. Será así cando empece a operar RDG, a comercializadora de enerxía da Xunta. O obxectivo é que inicie as súas operacións en 2025, constituída cun capital de 60.000€ e participada nun 30% pola Administración Galega, e o 70% restante por Abanca, Megasa, Finsa, Copasa ou o Grupo Nogar.
Así, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, xunto ao conselleiro delegado de Recursos de Galicia (RDG), Emilio Bruquetas, explicou hoxe que o Goberno galego negocia con operadores do sector para incorporar os volumes de enerxía necesarios para a posta en marcha o ano que ven.
Máis novas en vigoalminuto
- Baiona vuelve a abrir al baño A Ribeira, tras un nuevo análisis que confirma la buena calidad del agua

- O Vao se hace más grande: el Concello moverá el paseo para aumentar la superficie de la playa

- Navia acelera: 215 nuevas viviendas públicas en solo tres días

- Qué hacer este fin de semana en Vigo: festivales, humor, cine, música y planes para exprimir el sábado y el domingo

- Una voz al otro lado puede cambiarlo todo: el Teléfono de la Esperanza busca voluntarios

- Menos delitos en Vigo, más violencia en las calles: las lesiones y reyertas suben un 49%

Enerxía 100% galega e renovable
Lorenzana declarou que o obxectivo é «avanzar en autonomía enerxética e abaratar a enerxía dos fogares galegos, pero tamén das industrias e das empresas”. A nova empresa ofrecerá «enerxía cen por cen galega e cen por cen renovable», subliñou a conselleira, e venderá toda esa enerxía aconsumidores galegos e a un «prezo competitivo»
