O Pleno do Concello do Porriño deu luz verde definitiva á aprobación do orzamento municipal para o ano 2024. Un orzamento que se incrementa nun 9,68% respecto ao vixente alcanzando os 20.832.693,65 €.
As contas municipais foron aprobadas, co voto a favor dos 16 concelleiros e concelleiras populares e e o voto en contra dos 3 representantes do BNG e os 2 do PSdG-PSOE.
O alcalde incidiu en que este orzamento -o segundo aprobado polo executivo que preside- basease na “eficiencia da xestión dos recursos públicos”. Segundo subliñou Alejandro Lorenzo, “trátase dun documento realista, rigoroso e previsor pensado para buscar o desenvolvemento, mellora e promoción que O Porriño necesita para seguir crecendo en servizos, infraestruturas e calidade de vida”. Lorenzo adiantou, ademais, que “xa estamos inmersos na elaboración dos orzamentos do 2025″
Servizos públicos
Como apuntou o alcalde, tres son os piares básicos deste orzamento: reforzar os servizos municipais, o benestar social e o mantemento do centro urbano e parroquias. A estas areas destínanse o 38, 29 % dos recursos.
Así, máis de 3,1 millóns de euros resérvanse para a prestación dos servizos básicos como a iluminación pública, limpeza, cemiterios ou saneamento. Preto de 2,7 para urbanismo e vivenda e máis de 2,2 para servizos sociais e promoción social.
Deporte e Cultura
Así mesmo, sinalou o rexedor, o orzamento non deixa de lado a aposta do executivo local polo deporte e a cultura, consignando ao redor de 2 millóns de euros a cada unha destas áreas. “Un respaldo que se mostra tamén coas subvencións nominativas aos clubs deportivos, asociacións culturais e veciñais e entidades de carácter social”.
Máis novas en vigoalminuto
- Cinbio, de la Universidade de Vigo, recibe la primera beca ‘Carolina Cerezo’ para investigación en sarcomas ultrarraros
- “Vivimos nunha das provincias máis seguras nun dos países máis seguros do mundo”
- Investigan a morte dunha muller de 52 anos, na súa casa de Santiago
- Covelo avanza na rede de saneamento
- Luz verde al nuevo aparcamiento de Matamá
- El Balneario de Mondariz, en Nueva York
Desestimadas as alegacións do Concello de Vigo e PSOE do Porriño ao Orzamento Municipal
Nun feito sen precedentes, o Concello de Vigo presentou alegacións ao orzamento municipal do Porriño, reclamando o pago de 6 millóns de euros pola subministración de auga. Esta acción foi apoiada polo grupo municipal do PSOE, que se sumou á reclamación da administración viguesa.
O portavoz do goberno municipal, Carlos Martínez, aclarou que, a día de hoxe, “non existe ningún dereito recoñecido administrativamente nin resolución xudicial algunha que estableza que o Concello de Porriño debe a cantidade que o Concello de Vigo reclama de maneira unilateral”. Martínez subliñou que, aínda que Vigo menciona un pronunciamento do Tribunal Superior de Xustiza (TSX) de abril de 2024 que supostamente confirma esta débeda, esta afirmación é incorrecta. “Se realmente existise tal sentenza, o Concello de Vigo debería proceder a executala en lugar de ameazar cun novo recurso contencioso para cobrar”, explicou o edil.
Martínez tamén salientou que “hai varios procedementos xudiciais e administrativos en curso relacionados con esta cuestión”, e que “actualmente non hai ningunha resolución que indique que Porriño deba esa cantidade ao Concello de Vigo”. Ademais, salientou que Porriño “está aberto a negociar e resolver esta situación. Solicitáronse varias reunións co alcalde de Vigo, pero ata o de agora non se recibiu resposta. Así mesmo, o borrador dun convenio de colaboración enviado polo Consorcio en 2019 foi rexeitado”.
En base a todo isto e aos informes concluíntes dos técnicos municipais, así como os de intervención e xurídicos, o goberno municipal desestimou as alegacións presentadas polo Concello de Vigo.
Aprobación definitiva da modificación da RPT
Na sesión plenaria aprobouse tamén con carácter definitivo a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello do Porriño. Tendo en conta as actuais circunstancias da administración local.
Destaca a creación dunha nova nova unidade administrativa no departamento de Vías e Obras centrada na acometida do saneamento a `Unidade de instalacións e espazos municipais, saneamento e abastecemento´ estará dotada dun novo posto de oficial de primeira capataz e dous operarios. Ademais súmase un administrativo adscrito ao departamento de Deportes e un técnico de publicidade para administración xeral e secretaría.
Salientar tamén que, ante a demanda existente, amplíase a xornada completa o posto de Psicólogo adscrito ao CIM. A relación de postos de traballo amortiza tamén dous postos de traballo vacantes, un técnico de Administración Xeral e un Oficial de Policía Local.