A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo acaban de seleccionar 10 proxectos de investigadores novos dos campus de Vigo e Pontevedra dentro da liña de achegas a iniciativas investigadoras, á que a institución provincial destina preto de 80.000€ a través dun convenio coa Universidade. Os proxectos beneficiarios das axudas abordan cuestións como a intelixencia artificial, a recollida de lixo, a natureza, a cultura, a conservación de especies, a bioloxía, o sector dos coidados ou, entre outras, o reto demográfico.
Campus de Vigo
Cinco das investigacións financiadas son do Campus de Vigo, como o proxecto centrado na
criopreservación de medusas e na utilidade destas técnicas para a preservación da biodiversidade mariña da investigadora do Centro de Investigación Mariña (CIM) Estefanía Paredes.
Por outra banda, o impacto nos sedimentos da ría de Arousa dos cambios nos usos do solo na conca hidrográfica do río Umia será o eixe central do proxecto da tamén investigadora do CIM Ángela Fontán.
Así mesmo, o integrante do grupo de Química Cuántica, Nicolás Ramos desenvolverá un estudo das interaccións moleculares en sistemas biolóxicos de certos compostos químicos presentes en organismos e sedimentos mariños e que afectan negativamente á saúde humana e aos ecosistemas mariños.
A investigadora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Isabel Expósito estudará a viabilidade de empregar tecnoloxías sen fíos para mellorar a xestión de residuos nas zonas rurais e, máis concretamente, a posibilidade de empregar estas tecnoloxías para medir de forma automática o nivel de ocupación de cada colector, o que permitiría optimizar as rutas recollida do lixo.
Entre os proxectos seleccionados atópase tamén o que Irene Dozo realizará e que estará centrado no “ecosistema” do sector dos coidados na provincia de Pontevedra. Neste eido, a investigadora da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo estudará a realidade xurídico-laboral e sociolóxica dos e das traballadoras deste sector.
Tamén en vigoalminuto
- El túnel directo entre la Autopista y el parking de Vialia estará abierto “en días”
- Protesta en el colexio Chans-Bembrive para exigir profesorado y personal de apoyo
- En sólo 15 días, ‘Vigo Porté’ registra ya más de 400 participantes para su nueva edición
- La entrada de un nuevo río atmosférico dejará lluvias intensas este fin de semana
- Esta semana máis de 1.000 persoas realizan 15 saídas ao abeiro do programa +Convivencia
- La Policía Local sorprende a dos furtivos con 27 kilos de almeja y berberecho
Campus de Pontevedra
En concreto, cinco dos proxectos están vinculados ao campus de Pontevedra. Deles, dous poñen o foco nas redes sociais e serán liderados por investigadores da Facultade de Comunicación. Javier Abuín, do grupo Sepcom, desenvolverá un estudo sobre influencers virtuais, creados con intelixencia artificial, co obxectivo de crear un avatar que poida servir como ferramenta de xeración de marca rexional e promoción do turismo na provincia.
Por outra banda, a investigadora do grupo CS1 Beatriz Martínez realizará unha análise das estratexias de comunicación e promoción cultural en redes sociais de diferentes institucións e organizacións sociais da provincia, así como do xeito no que se representa nestas o Camiño de Santiago.
Ademais, o investigador do grupo WellMove, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Adriano Sánchez levará a cabo o proxecto Ponte-Vida, un estudo dirixido a avaliar os beneficios dun
programa de exercicio baseado na marcha nórdica, na saúde e calidade de vida de mulleres que superaron un cancro de mama.
A profesora da Facultade de Fisioterapia e integrante do grupo HealthyFit, Irimia Mollinedo desenvolverá un estudo dirixido a coñecer tanto as características sociodemográficas, como as capacidades físicas e cognitivas de preto de 350 persoas diagnosticadas de párkinson, no que buscará tamén validar unha ferramenta de valoración da capacidade funcional desta poboación.
Así mesmo, o profesor de Dirección e Xestión Pública Santiago Salvador estudará as respostas e instrumentos político-normativos que o actual marco xurídico ofrece á hora de abordar os retos demográficos, nun contexto de cambio climático e crise enerxética. Entre outros aspectos, analizará os
desafíos que enfrontan as administracións locais á hora de implantar cláusulas ambientais e sociais nos
seus procesos de contratación ou de facilitar a creación de comunidades enerxéticas.