Días ‘cañeros’ no Porriño para despedir setembro. Así, continúan as Festas do Cristo- que ofrecen máis dun cento de actividades este mes– e como non podía ser menos, este sábado día 28, a proposta é brutal: X edición do festival de rock Montando Cristo, que terá lugar na praza de San Sebastián a partir das 20:00 horas. Os grupos convidados para esta X edición son Stoned at Pompeii, Zålomon Grass, No One Alive e Septiembre Negro, todos eles xa veteráns do festival e que prometen facer vibrar ao público asistente.
Stoned at Pompedii
A banda viguesa está formada por músicos con ampla experiencia en escenarios de toda Europa. Stoned at Pompedii ten colaborado con artistas como Luis Tosar & Di Elas, Broken Peach e Aphonnic, entre outros, e participado en festivais como Rock in Rio Tea e Resurrection Fest.
Na súa discografía contan co seu álbum “Ancroidal” (2017), galardoado como Mellor Disco por Maketón Los 40 Principales e Mellor LP Galego; o EP en directo “Live Streaming & Acoustic” (2021); e o seu novo LP “Blissphony” (2024).
Zålomon Grass
Este trío formado por Gabriel McKenzie, David Rodd e Mauro Comesaña, busca sacarnos da monotonía diaria cun son inspirado no Rock setentero, mesturado con metáforas e historias de liberación no seu propio universo espacial.
The EP “The Four Track” e a mediometraxe audiovisual “Three Hundred Years”, preceden ao seu primeiro LP “Space Opera”, gravado nos estudios Guitar Town de Hendrik Rover
Logo de percorrer a península e actuar no festival de Jazz de Montreux (Suíza), a banda está traballando no seu próximo disco.
Outras novas en vigoalminuto
- Una persona detenida y desarticulado un punto de venta de droga en Redondela
- Fernando Rodríguez, entrenador de los Trasnos de beísbol, a la academia de Los Angeles Dodgers
- Luis López presenta ante alcaldes da provincia os plans de investimentos por máis de 91 millóns
- Nigrán conmemora o 7º aniversario dos incendios con diferentes actos
- Venga, que el fin de semana tienes todo esto
- Dertenido en Vigo por falsificar un permiso de residencia y ceder su uso a otros compatriotas
No One Alive
A banda creada en 2016 consolidou a súa formación en 2018, reunindo a talentosos músicos da escena local: Valentín Fernández (voz principal), Gonzalo Campanella (guitarra solista), Álex Otero (guitarra rítmica), Jonathan Riveiro (batería) e Javier Franco (baixo).
O seu primeiro EP “The Grim Reaper” (2019) foi gravado nos “Estudios Mafia”, un disco conceptual acompañado dun cómic ilustrado. “Don’t leave your child alone” (2023) é un LP grabado en “Unreal Studios”, no que o grupo explora varios estilos do metal.
Septiembre Negro
Considerada a banda máis macarra da vila do Louro, Septiembre Negro nace a finais dos anos 80 e desde hai máis de 25 os seus compoñentes son Roky (guitarra e voz), Pato (bateria), Toñin (baixo) e Pedro (guitarra solista).
SummerSon Jam
Tamén este sábado, a partir das 11:00h. comeza a SummerSon Jam, un concurso de batallas de bailes de todos os estilos que amenizarán aos locais e visitantes na praza do Arquitecto Antonio Palacios durante toda a xornada. Xa pola noite, a veciñanza poderá gozar das actuacións de Rebeliom do Inframundo e Zur2djs, que pecharán o SummerSon Jam.
O rap de Rebeliom do Inframundo
O grupo de Ponteareas, formado actualmente por Nervo (MC), Malvares de Moscoso (MC), Frank (MC/Produtor), Movementss (Produtor) e Pol (DJ), naceu no ano 2005. En estes case 20 anos e distintos paróns e cambios de componentes, o grupo ten publicados catro discos: A Sorpresa (2012), Lume e Rebeliom (2016), Ilegal (2019), e Amor ou barbarie (2023), un traballo que contou con concolaboracións como as de Wöyza, Hard GZ, Iria Medraño ou Treintañeras cañeras.
Rebellion do Inframundo foi Premio Martín Códax da Música no ano 2022.
Zur2djs, os DJs que pinchan música galega
Os compoñentes, Yago e Diego Fernández, son dous irmáns veciños de Torneiros que pinchan música alternativa de rap, rock, ska, ademais de música en galego de grupos actuais e música máis tradicional. O seu repertorio inclúe unha grande porcentaxe de música en galego e buscan unha alternativa como DJs enfocándose ao máis tradicional.
“O pinchar na praza do Arquitecto Antonio Palacios, no noso Concello, coa nosa xente, e antes e despois dun grupo tan relevante como Rebeliom, é unha gran oportunidade para nós, unha gran ledicia”, afirma Yago. “Encántanos poder formar parte por primeira vez das Festas do Cristo”, conclúe o DJ.
SummerSon jam, a competición de baile 2vs2
Trátase dun encontro de baile de 2 contra 2, baseado nos bailes urbanos, HipHop e BreakDance. Unha competición que amosa o traballo en equipo e a cooperación, a destreza, a disciplina, o esforzo e o afán de superación.
Este evento naceu no 2015 da man da Escola de Música e Danza Maison do Porriño, ano no que competiron 16 parellas. Na edición do 2023 xa se contou coa participación de 36 parellas e preto de 1.200 persoas asistentes.
Este ano celébrase a VII edición, con batallas de baile de todos os estilos, divididas en dúas categorías: Beginners, que actuarán pola mañá; e Avanzados, que o farán a partir das 16:00 h.
Haberá 2.500€ en premios para os tres gañadores de cada categoría. Deste xeito, as parellas Beginners recibirán 250€, 150€ e 100€, para as primeiras, segundas e terceiras clasificadas respectivamente. As tres primeiras parellas clasificadas da categoría Avanzados levaranse 1.200€, 500€ e 300€.
Festa dos Callos
E o Cristo non sería o mesmo, como deixaron ben claro os membros de Discamino, durante a súa presentación, sen a Festa dos Callos que este domingo celebra a súa 31º edición. Así, ese día ata 30 locais do Porriño ofrecerán racións de callos a partir das 12:00 h, con pan e cazola por 7€, cada un coa súa propia receita e o seu toque especial, e incluso con opcións veganas.
Queres saber onde ir comer os callos? pois istos son os lugares: A Francachela, Amaquía, A Vinoteca, Argentino 2, Bar La Guía, Bolboreta Café, Casa di Mili, Churrasquería Pontenova, Cólleo con Pinzas, El Alambre del Abuelo, El Pincho, El Cincuentaicinco, Hamburguesería Fran, Hotel Parque, La Bendecida, La Bici, La Cueva, Liceum, Los Milagros, Maracaibo, Nómadas, Origen, Paso a Nivel, Restaurante Val da Louriña, Saspi, Scala, The Classic Coffe&Beer, Treinta y Tau, Xantar de Pepa e Zentral.