Imaxe: Andrea Sánchez/La máquina del buen rollo para, mais non pecha. The Rapants ofrecerán desde este mércores 25, e até o venres 4 de outubro, os seus últimos tres directos da xira estival. Logo de percorrer ducias de salas e eventos musicais do país, que comezaron no mes de marzo cun dobre ‘sold out’ en cuestión de minutos na Sala Capitol, os muradáns achegaranse a Lugo, Santiago de Compostela e O Grove para activar o “saltón rapante” de balde.
Así, The Rapants actuará esta tarde, ás 20.30 horas (apertura de portas ás 20.15 horas) no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo, no marco da programación das xornadas de benvida que a Universidade de Santiago de Compostela ofrece ao seu alumnado. O acceso será de balde e libre ata completar a capacidade do espazo. Ao día seguinte, o xoves 26, e á mesma hora (20.30h), fará o propio na praza compostelá de Mazarelos.
A última data do verán da xira de presentación de La máquina del buen rollo, o terceiro LP do grupo, chegará o venres 4 de outubro. A praza do Corgo, no Grove, acollerá -no marco da programación da Festa do Marisco- un concerto de balde dos rapantes. O acceso será libre e a organización do evento facilitará ao público os horarios nos vindeiros días.
Máis novas en vigoalminuto
- O Porriño denuncia la paralización indefinida de la eliminación del paso a nivel, pese a tener el proyecto listo
El alcalde acusa al Gobierno central de romper unilateralmente un acuerdo técnico para suprimirlo - Detenido un hombre por robar y agredir a un vigilante en el mercado navideño de Vigo
Agentes de la Policía Nacional de la Comisaría de Vigo detuvieron a un individuo como presunto autor de un delito de robo con violencia o intimidación tras ser sorprendido en el interior de una caseta del Cíes Market, el principal mercado navideño de la ciudad. El sospechoso había accedido al puesto tras forzar la puerta … Continue reading Detenido un hombre por robar y agredir a un vigilante en el mercado navideño de Vigo - Chapela estrea un novo espazo público coa apertura do segundo tramo da Vía Verde
Conecta camiños históricos e incorpora unha zona de descanso con pérgola
De Portamérica ao WiZink Center de Madrid
Con estas tres últimas citas The Rapants pecha unha xira que levou aos muradáns a actuar nalgúns dos festivais máis coñecidos do país, como Portamérica, Revenidas, Noroeste Estrella Galicia, Surfing The Lérez, Osa do Mar, Carrilanas, Ourensound ou SonRías Baixas. Tamén formaron parte do cartel de eventos populares como a Festa do Albariño de Cambados ou a Festa do Champiñón de Ordes; e mesmo actuaron sobre as táboas de espazos míticos como o Náutico de San Vicente (O Grove) ou mesmo en La Sala do WiZink Center de Madrid, na que se coroaron o pasado abril como gañadores do certame Último acorde x Johnnie Walker.
E en 2025…
As vindeiras actuacións confirmadas de The Rapants serán xa para o ano que vén. Os muradáns serán a banda de apertura dos concertos da nova xira de La Raíz, que regresa aos escenarios logo de seis anos de ausencia. Os rapantes abrirán os directos do grupo liderado por Pablo Sánchez nos concertos que estes ofrecerán o 22 marzo na Coruña (Coliseum) e o 26 de abril en Avilés (pavillón da Magdalena). As entradas están á venda nas plataformas Enterticket e Ataquilla.com.

