Máis de 451.000 persoas visitaron o Parque Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia durante a pasada tempada de verán — desde o 15 de maio ata o 15 de setembro—, un ritmo de visitas que fai prever que o ano remate con cifras moi similares ás rexistradas en 2023.
Tambien: Las Cíes estrenan la ‘temporada baja’ sin disponibilidad de plazas
O balance provisional indica que Cíes concentrou o 65% das visitas, con 293.876 persoas (o ano pasado foran 291.764), mentres que Ons rexistrou o maior incremento en termos absolutos, cun total de 132.700 visitantes fronte aos 129.545 de 2023. Estas cifras complétanse coas 16.271 visitas contabilizadas no mesmo período en Sálvora e as 8.258 de Cortegada, illas nas que tamén medrou a afluencia.
Más noticias en vigoalminuto
- Samil y O Vao estrenan el refuerzo de verano: estas son las líneas de autobús que amplían recorrido
Comenzarán a circular el próximo lunes, 15 de junio, y funcionarán los siete días de la semana - Ana Ortiz acusa a Caballero de manipular y le recuerda las obras pendientes y el caso de la cuñada de Carmela Silva
En respuesta a la demanda del alcalde a Alfonso Rueda para que dimita - Muere un motorista tras chocar contra una furgoneta en la A-52
Los servicios de emergencia desplazados al lugar solo pudieron confirmar el fallecimiento
Medio millón de persoas
A este balance estacional cómpre sumar o feito de que, desde xaneiro, xa son case 480.000 as persoas que pasaron por algún dos catro arquipélagos que conforman o Parque, polo que, de manterse este ritmo ata final de ano, a previsión é que se volva acadar por segundo ano consecutivo o medio millón de visitantes.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, insiste na importancia de
seguir desestacionalizando as viaxes ás Illas Atlánticas, unha iniciativa que se traduce en actividades educativas e de voluntariado ambiental que se desenvolven durante o ano nos catro arquipélagos ou nas propias visitas guiadas gratuítas que pon o Parque á disposición da cidadanía interesada en coñecer este espazo protexido.
Neste sentido, salientou as case 5.600 persoas que no que vai de ano tiveron ocasión de achegarse ata as illas da man de guías profesionais e especializados, a maior cifra de participantes nestas actividades desde o ano 2019 e un 13% máis que os do ano pasado.
