O Consello da Xunta autorizou hoxe á Consellería de Facenda e Administración Pública a proceder á compra do 51% do Teatro Fraga, por importe de 4.743.000€. A Deputación de Pontevedra contará cunha participación do 49% e achegará 4.450.000€.
1.600 butacas
O proxecto que se porá en marcha permitirá ofrecer un recurso cultural e creativo cun auditorio que conta con 1.600 butacas e con foso para orquestra, que o converten nun espazo máis que axeitado para unha ampla variedade de programacións públicas e privadas, para acoller eventos e espectáculos que exixen unhas dimensións como as que ofrece este inmoble.
Tamén en vigoalminuto
- El alcalde pide una prórroga para no perder los fondos destinados a Finca Matías y la Diputación garantiza que la tendrá
El Concello se había pasado del plazo de 2 años para terminar la obra - Habrá una pantalla gigante en Castrelos para ver el España–Portugal del Mundial
El próximo lunes, 6 de julio, a las 9 de la noche, con acceso masivo y aforo organizado - El TSXG avala al Concello y permite construir varios chalés junto al mar en Cabo Estai
El tribunal revoca la sentencia anterior y confirma la legalidad de la licencia de Urbanismo
Antigo Nova Olimpia
Pola súa banda, o espazo da antiga sala de festas Nova Olimpia vai permitir desenvolver un proxecto cultural que estará baseado na «exhibición cultural, na creación artística e na participación do tecido artístico e cultural vigués, tanto no seu deseño como na súa programación», indican dende o Goberno de Galicia.
Ademais, a diversidade de espazos anexos suporá que se poderá valorar a instalación en Vigo doutros proxectos culturais de relevancia.
Como informamos en vigoalminuto, neste momento, está aberta a definición do plan de usos para o que se segue abaerta a participación de cidadáns, organismos, asociacións e entidades culturais, que poden presentar a súas propostas no enderezo de corereo electrónico [email protected].
De feito, o pasado martes, día 17, celebrouse na nosa cidade a primeira reunión aberta coa cidadanía na
que participaron máis dun cento de entidades e particulares.
