A Xunta colaborará na construción do túnel de Elduayen, na mesma porcentaxe que no Parrote, da Coruña

O Goberno galego tamén informou favorablemente sobre o PXOM de Vigo

A Xunta remitu ao Concello de Vigo o informe favorable do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Así o anunciou a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, este xoves na súa intervención na tribuna do Círculo de Empresarios de Galicia.

Martínez Allegue subliñou a importancia deste paso, pois o PXOM é o «instrumento que dota de seguridade xurídica o desenvolvemento urbanístico da cidade». Así, co informe favorable da Xunta, agora correspóndelle ao Concello considerar as suxestións e sometelo á aprobación do Pleno.


Tamén en vigoalminuto


Túnel de Elduayen

No eido das infraestruturas en Vigo, a conselleira tamén indicou que a Xunta vai colaborar na construción do túnel de Elduayen, como solicitara onte o alcalde, Abel Caballero. María Martínez Allegue concretou que o Goberno galego introduciría unha partida para esta actuación nos Orzamentos para o ano 2025, se o Concello tamén o fai.

Así mesmo, a conselleira precisou que se destinará a esta intervención en Vigo a mesma porcentaxe de
financiamento que se dirixiu ao túnel do Parrote na Coruña
, como reclamara o alcalde.

Neste sentido, a Xunta abordará este proxecto co Concello de Vigo na próxima reunión da Comisión de Infraestruturas entre ambas administracións, como solicitaba, tamén, Abel Caballero.

Declaracións do alcalde sobre o túnel de Elduayen

Vivenda

No que se refire a este tema de actualidade, a conselleira referiuse a Vigo como «a cidade na que a Xunta está a desenvolver máis vivenda pública e na que hai máis inscritos no Rexistro Único de Demandantes, 5.735 concretamente«.

Ademais, lembrou que tan só en Navia o Goberno galego prevé 1.600 vivendas protexidas e «a Estratexia de desenvolvemento de solo residencial permitiría na área de Vigo a construción de 9.000 vivendas máis, 7.000 delas protexidas».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.