O Bloque Nacionalista Galego vén de reiterar a súa total oposición a que a Xunta de Galiza subvencione con case 700.000€ un aparta-hotel de luxo en pleno Paseo de Afonso, na cidade de Vigo, a cargo dos fondos Xacobeo-Next Generation.
Para o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, «é vomitivo, polo que ten de insultante e insensíbel, que o Goberno galego dedique inxentes recursos públicos a seguir promocionando o boom especulativo do aloxamento turístico en Vigo». Neste sentido, subliñou que os prezos de alugueiro na cidade non deixan de subir e prodúcese, de media, un desafiuzamento cada día sen alternativa habitacional, mentres os pisos turísticos xa son máis de 2.000.
Concentración
Igrexas lembrou que o BNG xa denunciou esta «escandalosa subvención» o pasado mes de agosto a través da nosa representación no Parlamento galego, e este luns sumouse ao reclamo expresado polo colectivo Os Ninguéns e outras entidades sociais, que realizaron unha concentración diante do edificio para esixir unha rectificación por parte do Goberno galego
«En lugar de subvencionar un estabelecemento turístico VIP con impoñentes vistas á ría, o que ten que facer o Goberno galego é despregar unha enérxica política de vivenda que dote a maior cidade de Galiza dun parque público de vivenda protexida e social«, reclamou. A principiar, acrecentou o portavoz municipal nacionalista, por dotar Vigo dun programa de «vivendas de emerxencia habitacional para as numerosas familias que son expulsadas das súas vivendas por non poder facer fronte a hipotecas e alugueiros a prezos imposíbeis» para as clases populares e traballadoras.
Ademais en vigoalminuto
- Muere Valentino a los 93 años y se cierra una era irrepetible de la moda italiana

- Pontevedra se prepara para una noche feroz: el cine y las series toman la ciudad

- Aprobado el acuerdo para descentralizar Medicina: en Vigo se impartirá el segundo ciclo del grado

- La Guardia Civil interviene más de 4.000 envases de bebidas energéticas, sin etiquetado

- Vigo se presenta en Fitur como un destino que vive la Navidad todo el año

- Sanidade asegura que os PAC del área de Vigo atendieron más de 14.500 urgencias durante el periodo navideño

20.000 vivendas baleiras na cidade
A fronte nacionalista insiste na necesidade dun xiro de 180 graos nas políticas de vivenda do Goberno galego. «Subvencións si, pero para mobilizar as máis de 20.000 vivendas baleiras que existen arestora en Vigo e poñelas ao servizo da xente«. Subvencións que permitan, explicaron, que «deixe de haber tantas casas sen xente ao tempo que cada vez é máis a xente que non atopa unha vivenda na que poder residir» nunha cidade na que xa son máis de 7.000 as familias rexistradas como demandantes de vivenda protexida e social e que continúan a ser ignoradas polo executivo de Alfonso Rueda.
